close
Saltar ao contido

Sisimiut

Sisimiut
 Nome oficial
   Holsteinsborg (da)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1764 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
5.582 (2020)
5.539 (2016)
3.741 (1977)
3.757 (1978)
3.796 (1979)
3.976 (1980)
4.136 (1981)
4.270 (1982)
4.298 (1983)
4.405 (1984)
4.524 (1985)
4.583 (1986)
4.716 (1987)
4.823 (1988)
4.814 (1989)
4.871 (1990)
4.957 (1991)
5.004 (1992)
4.881 (1993)
4.839 (1994)
4.979 (1995)
5.117 (1996)
5.116 (1997)
5.195 (1998)
5.149 (1999)
5.127 (2000)
5.166 (2001)
5.221 (2002)
5.263 (2003)
5.246 (2004)
5.350 (2005)
5.399 (2006)
5.344 (2007)
5.397 (2008)
5.497 (2009)
5.460 (2010)
5.498 (2011)
5.571 (2012)
5.598 (2013)
5.524 (2014)
5.572 (2015)
5.539 (2016)
5.414 (2017)
5.491 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   34,4 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal3911 Editar o valor en Wikidata
VIAF134911435 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0b3j_y Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Sisimiut, antigamente Holsteinsborg, é unha cidade do concello de Qeqqata, no centro-oeste de Groenlandia. Cunha poboación de 5 582 habitantes en 2020,[1] é a vila máis poboada e a capital municipal de Qeqqata, así como a segunda cidade por número de habitantes de Groenlandia despois de Nuuk.

Sisimiut é o segundo maior centro de negocios nacional despois de Nuuk, sendo a pesca a principal industria. Desde o punto de vista arquitectónico, Sisimiut é unha mestura de vivendas unifamiliares tradicionais e vivendas comunitarias, con bloques de apartamentos levantados na década de 1960 durante un período de expansión da cidade. Sisimiut aínda está en expansión, coa zona ao norte do porto, á beira da pequena baía de Kangerluarsunnguaq reservada para vivendas modernas de estilo suburbio que se construíron na década de 2010. Varias escolas profesionais e xerais teñen a súa sede en Sisimiut, que proporcionan educación aos habitantes da cidade e aos dos asentamentos máis pequenos da rexión. O novo Centro Cultural Taseralik é o segundo centro cultural que se establece en Groenlandia, despois de Katuaq en Nuuk.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Sisimiut é unha das cidades de máis rápido crecemento en Groenlandia,[2] con emigrantes dos asentamentos máis pequenos que reforzan a tendencia. Ademais de Kangerlussuaq, é o único asentamento do municipio de Qeqqata que presenta padróns de crecemento estables nas últimas dúas décadas.

Gráfica de evolución demográfica de Sisimiut entre 1991 e 2010
Fonte:Statistics Greenland.[3]

Transporte

[editar | editar a fonte]

A cidade ten a súa propia liña de autobuses e o porto libre de xeo durante todo o ano máis ao norte do país, sendo unha base de transporte marítimo para o oeste e o noroeste de Groenlandia. Os buques de abastecemento diríxense desde o porto comercial cara a asentamentos máis pequenos nas rexións máis remotas do fiorde de Uummannaq, o arquipélago de Upernavik e ata Qaanaaq, no norte de Groenlandia. O aeroporto de Sisimiut, no que opera Air Greenland, ofrece conexións con outras cidades da costa occidental de Groenlandia e, a través do aeroporto de Kangerlussuaq, con Europa.[4]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Statistical Greenland (ed.). "Population by Localities". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 7 de abril de 2020.
  2. Statistics Greenland, Population in localities
  3. Statistics Greenland (ed.). "Statistics Greenland". Consultado o 7 de abril de 2011.
  4. Air Greenland (ed.). "Booking system". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2010. Consultado o 2 de xullo de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]