The Great Wall
| The Great Wall | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
The Great Wall (en chinés: 长城; pinyin: Cháng chéng) é un filme de 2016 dirixido por Zhang Yimou, cun guión de Carlo Bernard, Doug Miro e Tony Gilroy, a partir dunha historia de Max Brooks, Edward Zwick e Marshall Herskovitz. É unha coprodución entre os Estados Unidos, a China e o Xapón, e está protagonizada por Matt Damon, Jing Tian, Pedro Pascal, Willem Dafoe e Andy Lau. É o primeiro filme dirixido por Zhang en lingua inglesa.[1]
A fotografía principal do filme comezou o 30 de marzo de 2015 en Qingdao, na China, e estreouse en Pequín o 6 de decembro de 2016. Foi estreado por China Film Group na China o 16 de decembro de 2016, e nos Estados Unidos o 17 de febreiro de 2017 por Universal Pictures. O filme recibiu críticas dispares, que declararon que "sacrifica unha grande historia por grande acción," e recadou $334 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de $150 millóns.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Matt Damon como William Garin, un mercenario europeo.
- Jing Tian como Comandante Lin Mae, a líder da división Grúa.
- Pedro Pascal como Pero Tovar, un mercenario europeo.
- Willem Dafoe como Sir Ballard, un aventureiro europeo na China.
- Andy Lau como Estratego Wang, o estratego e o conselleiro de guerra da Orde Sen Nome.
- Zhang Hanyu como Xeneral Shao, o líder da División Oso e Xeneral da Orde Sen Nome.
- Lu Han como Peng Yong, un soldado da división Oso.
- Eddie Peng como Comandante Wu, xefe da división Tigre.
- Kenny Lin como Commander Chen, xefe da división Aguia.
- Karry Wang como Emperador
- Zheng Kai como Shen
- Huang Xuan como Comandante Deng, xefe da división Cervo.
- Cheney Chen como Comandante da Garda Imperial
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Hollywood Reporter, ed. (16 de febreiro de 2017). "'The Great Wall' Premiere: Matt Damon "Jumped" at the Chance to Work With Zhang Yimou". Consultado o 14 de xullo de 2017.
- ↑ Anthony D'Alessandro (20 de febreiro de 2017). Deadline Hollywood, ed. "Another Holiday Weekend Where Holdovers Reign & New Studio Releases Tank: Presidents’ Day B.O.".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Great Wall na IMDb (en inglés).
- Filmes de 2016
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua mandarín
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes da China
- Filmes do Xapón
- Filmes de 2016 en 3D
- Filmes dirixidos por Zhang Yimou
- Filmes sobre dragóns
- Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América
- Filmes ambientados na dinastía Song
- Filmes de Legendary Pictures
- Filmes de Universal Pictures
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX