O Aalborg Stadion, coñecido tamén como Aalborg Portland Park por motivos de patrocinio, é un estadio de fútbol situado na cidade de Aalborg, Dinamarca. Conta con capacidade para 14.135 espectadores e nel disputa os seus partidos como local o AaB.
Inaugurado en 1920, foi renovado en 1960 e 2002. Dende 2007 o estadio tivo varios nomes diferentes por motivos de patrocinio. Así, recibiu o nome de Energi Nord Arena entre 2007 e 2011, Nordjyske Arena entre 2012 e 2016 e Aalborg Portland Park dende 2017.[1][2][3]