Alce
Aparencia
O alce[1] ou ante[2] (Alces alces) é o máis grande dos cérvidos. Pode chegar ata 2 m de altura e 800 kg de peso. A cor vai do castaño grisallo ao negro; a cor do fociño e as patas é máis clara. Os machos distínguense doutros cérvidos polos seus grandes cornos en forma de pa e ramiformes. Aliméntase de follas e gromos novos, sobre todo de bidueiros e sabugueiros, e plantas acuáticas no verán. No inverno comendo cortizas de árbores e raíces. Pasa gran parte do tempo preto ou dentro da auga e é un bo nadador.

Habita en América do Norte, Escandinavia, Rusia e Siberia. En Europa estivo en risco de se extinguir, pero na actualidade está a se expandir de novo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alce.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ante.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alce |
