Andoni Iraola
(2023) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) Andoni Iraola Sagarna 22 de xuño de 1982 Usurbil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,82 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España País Vasco | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | Major League Soccer | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Mediocentro organizador e lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Andoni Iraola Sagarna, nado en Usurbil (Guipúscoa) o 22 de xuño de 1982, é un exfutbolista e adestrador vasco. Xogaba de defensa lateral dereito e desenvolveu case toda a súa carreira no Athletic de Bilbao, co que disputou máis de 500 partidos. Dende 2023 adestra o Bournemouth da Premier League.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Antiguoko donostiarra ata que chegou a Lezama en virtude do convenio entre o Athletic Club e o Antiguoko. No club guipuscoano foi compañeiro de xogadores de talle internacional como Xabi Alonso e Mikel Arteta. En 2003 pasou a formar parte do primeiro persoal do Athletic Club.
Debutou na Primeira división o 30 de agosto de 2003, nun partido contra o FC Barcelona, gañado 0-1 polos culés. Na súa primeira tempada xogou 31 partidos de liga e marcou cinco goles.
En 2005 renovou o seu contrato co Athletic ata o ano 2010, a pesar de ser seguido por equipos como o Valencia CF ou o Liverpool FC. Converteuse en só dúas tempadas nun dos mellores pasadores do equipo xunto a Fran Yeste. Destacaba pola súa capacidade de desprazar a pelota manténdoa moi preto do pé e driblando xogadores contrarios con facilidade.
En total disputou 510 partidos oficiais co equipo bilbaíno e marcou 38 goles.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]O 20 de agosto de 2008, Vicente del Bosque, no seu primeiro partido como seleccionador de España, fixo debutar a Iraola como absoluto, nun partido amigábel contra Dinamarca.[1] O 11 de outubro de 2008 disputa o seu primeiro partido oficial coa selección, ante Estonia, substituíndo a Sergio Ramos.
Tamén disputou varios partidos internacionais de carácter amigable coa Selección de Euskadi.
Palmarés como adestrador
[editar | editar a fonte]- AEK Larnaca
- Supercopa de Chipre (1): 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1982
- Nados en Usurbil
- Futbolistas do País Vasco
- Defensas de fútbol
- Xogadores do CD Baskonia
- Xogadores do Bilbao Athletic
- Xogadores do Athletic Club de Bilbao
- Xogadores do New York City FC
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores da selección de fútbol do País Vasco
- Adestradores de fútbol do País Vasco
- Adestradores do CD Mirandés
- Adestradores do Rayo Vallecano
- Adestradores do AEK Larnaca