Antonio Elizondo Cocolina
Aparencia
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 2 de setembro de 1936 (89 anos) Madrid | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Antonio Elizondo Cocolina, nado en Madrid o 2 de setembro de 1936, é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado nas categorías inferiores do Real Madrid CF debutou na Segunda División no Racing de Santander, equipo no que militou tres tempadas. En 1960 volveu a Madrid para xogar no AD Plus Ultra, porén ao ano seguinte fichou polo Celta de Vigo, ao igual que o seu compañeiro de equipo Tellez. No equipo galego destapouse como un gran goleador sendo o máximo anotador do equipo, con 15 goles entre liga e copa. A pesar da súa boa actuación e sen que trascendera as razóns deixou o equipo despois desta primeira tempada, volvendo a xogar en Segunda División algún anos despois no CE Europa.