close
Saltar ao contido

Avro Anson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avro Anson
Esquematismo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Nome orixinal
Avro Anson (en) Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Desenvolvedor/a
Avro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fabricante
Avro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
1936 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
28 de xuño de 1968 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
24 de marzo de 1935 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Total producido
   11.029 piece (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Altura
   3,99 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   12,88 m Editar o valor en Wikidata
 Autonomía
   1.300 km Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
   17,22 m Editar o valor en Wikidata
 Área das ás
   43,1 m² Editar o valor en Wikidata
 Altitude operacional
   5.791 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02ng46 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Avro Anson é un avión multirol británico bimotor construído por Avro. Un gran número de unidades deste modelo operou en distintos roles coa Royal Air Force (RAF), o Fleet Air Arm (FAA), a Real Forza Aérea do Canadá (RCAF), a Real Forza Aérea de Australia e outras forzas aéreas antes, durante e despois da segunda guerra mundial.

Inicialmente coñecido como o Avro 652A, o Anson desenvolveuse a mediados dos anos 30 a partir do avión de pasaxeiros anterior Avro 652 en resposta a unha solicitude de licitación emitida polo Ministerio do Aire británico para un avión de recoñecemento marítimo costeiro. Tras impresionar ao Ministerio, pedñíuse un único prototipo, que realizou o seu voo de estrea o 24 de marzo de 1935. Tras unha avaliación durante a cal o Type 652A superou ao seu competidor de Havilland DH.89, foi seleccionado como gañador, o que provocou que a Especificación 18/35 do Ministerio do Aire se redactase arredor do tipo e que se encargase unha orde inicial de 174 avións en xullo de 1935. O Type 652A recibiu pronto o nome do almirante británico George Anson.

O tipo entrou en servizo coa RAF e inicialmente usouse nas operacións de recoñecemento marítimo previstas xunto con hidroavións máis grandes. Despois do estoupido da segunda guerra mundial, pronto descubriuse que Anson quedara obsoleto nos roles de combate de primeira liña. Un gran número deles pasou a utilizarse como adestrador de tripulación multimotor, sendo considerado adecuado para esta tarefa, e converteuse no piar do Plan de adestramento aéreo da Commonwealth Británica. O tipo continuou sendo usado neste rol durante e despois do conflito, permanecendo no servizo da RAF como adestrador e avión de comunicacións ata o 28 de xuño de 1968.

Tras a guerra, un pequeno número de Ansons (coñececidos como Avro 19s) foron construídos novos para o mercado civil, xunto cun maior número de conversións civís a partir de excedentes militares, sendo usado como transporte lixeiro e avión executivo. Cando rematou a súa produción en 1952 Avro fabricara 8 138 Ansons en nove variantes, e Federal Aircraft Ltd no Canadá montara 2 882 aparellos máis a partir de 1941. cara finais dos século XX a gran maioría de Ansons fora xa retirado, pero aínda quedan algúns exemplares que aparecen en exhibicións aéreas. Hai dous no Reino Unido,[1][2] un en Nova Zelandia[3] e un cuarto aparello está almacenado no Canadá coa intención de restauralo para que poida voar novamente.[4]

  1. "G-AHKX - Registration History". www.caa.co.uk. Consultado o 2024-03-24.
  2. "G-VROE - Registration History". www.caa.co.uk. Consultado o 2024-03-24.
  3. "Aerial Visuals - Airframe Dossier - Avro 652A Anson, s/n MH120 RAAF, c/n MH-120, c/r ZK-RRA". aerialvisuals.ca. Consultado o 2024-03-24.
  4. "Aircraft Details". Canadian Warplane Heritage Museum (en inglés). Consultado o 2024-03-24.