close
Saltar ao contido

CS Mackay-Bennett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CS Mackay-Bennett
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Entrada en servizo
1884 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
18 de setembro de 1884 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Porto de orixe
Cifras e dimensións
Lonxitude82 m Editar o valor en Wikidata
Manga12 m Editar o valor en Wikidata
Calado7,47 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gp_q1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Facebook: CSMackayBennett Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O CS (Cable Ship) Mackay-Bennett foi un barco británico encargado de arranxar os cables submarinos, pertencente á Commercial Cable Company. Tivo unha longa traxectoria no arranxo de cables no océano Atlántico norte. Aínda que con base en Halifax (Nova Escocia, Canadá), era utilizado con frecuencia para as operacións na zona europea. O seu porto de amarre era entón Plymouth en Inglaterra. É coñecido por ter sido contratado en 1912 para recuperar os corpos das vítimas do Titanic.

O Mackay-Bennett foi construído en Glasgow (Escocia) en 1884 para a Commercial Cable Company, e foi bautizado cos apelidos dos dous fundadores da empresa: John W. MacKay e William G. Bennett, Jr. O barco fixo as súas probas o 21 de outubro de 1884; durante as seis horas de probas acadou os 12,4 nós.[1] Foi posto en servizo pouco despois e utilizouse para a instalación e o arranxo de cables submarinos durante numerosos anos.

En abril de 1912, a White Star Line contratou os seus servizos para recuperar os corpos das vítimas do naufraxio do Titanic, pagando 550 dólares por día.[2] O barco, baixo o mando do capitán Frederick Harold Larnder, partiu cun equipo de embalsamadores a bordo (dirixido por John R. Snow Jr.),[2] e con importantes reservas de xeo, mortallas e cadaleitos.

O Mackay-Bennett comezou as procuras o 17 de abril de 1912, e en 13 días recuperou 306 cadáveres, incluíndo o do multimillonario John Jacob Astor[3] e o de Wallace Hartley, director da orquestra do Titanic.[4] Máis adiante, o barco foi axudado nas súas procuras polo Minia, o Montmagny e o Algerine.

Dos 306 corpos recuperados polo Mackay-Bennett, 116 deles, principalmente de terceira clase, foron devoltos ao mar por mor do seu estado de descomposición avanzado.[3] Na mañá do 30 de abril de 1912, o Mackay-Bennett chegou ao porto de Halifax con 190 corpos a bordo, a maioría deles eran de primeira e segunda clase.[2] [5]

Após rematar a procura dos corpos, o buque seguiu despois coas súas funcións de cableiro. O autor canadense Thomas Head Raddall serviu un tempo como operador de radio a bordo do Mackay-Bennett,[6] e algunhas das súas novelas están baseadas na súa experiencia a bordo.

O Mackay-Bennett foi retirado do servizo en 1922, e após ser parcialmente despezado usouse como almacén flotante no porto de Plymouth (Inglaterra).[1] Na segunda guerra mundial foi bombardeado e afundido polos alemáns durante a Blitz. Máis tarde foi reflotado, e o seu casco foi finalmente despezado en Gante (Bélxica) en 1965.[1]

  1. 1 2 3 MacKay-Bennett (1884). Maritimequest.com.
  2. 1 2 3 Mackay-Bennett (en inglés). Encyclopedia Titanica.
  3. 1 2 La recherche des victimes (en francés). Titanic.pagesperso-orange.fr.
  4. Mr Wallace Henry Hartley. Encyclopedia Titanica
  5. El barco de la muerte (16/08/2018). ABC.es.
  6. Thomas Head Raddall fonds Arquivado 26 de agosto de 2011 en Wayback Machine. (en inglés). Library.dal.ca.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]