close
Saltar ao contido

Carofíceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carofíceas
 Nome taxon
    Charophyceae
Gustav Wilhelm Körber 1848 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 SubreinoViridiplantae
 FiloCharophyta
 ClaseCharophyceae Editar o valor en Wikidata
Körb., 1848 Charophyceae Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
alga do ano (2012) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/03gq5rd Editar o valor en Wikidata
ITIS9418 Editar o valor en Wikidata
OTT916310 Editar o valor en Wikidata
CoL92 Editar o valor en Wikidata
EOL3907 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

As carofíceas (Charophyceae) son un grupo de algas verdes carófitas con categoría de clase (bioloxía). Nas clasificacións actuais adoita tratarse ás carofíceas como unha clase dentro da división Charophyta, separándoas das Chlorophyta, mentres que todas as algas verdes estarían incluídas dentro do reino das plantas ou Viridiplantae.[1][2] Noutras clasificacións as Charophyceae son unha clase dentro das divisións Chlorophyta, Streptophytina, ou Streptophyta, segundo os autores.[3][4][5]

A clase Charophyceae, segundo algunhas clasificacións, inclúe dúas ordes de algas, as Charales e as Coleochaetales. O consenso entre os botánicos é que as Coleochaetales son as algas que están máis próximas ás embriófitas (plantas terrestres).[2][6]

Moitas das características complexas relacionadas coa reprodución sexual, fotosíntese, e outros trazos definitorios das plantas terrestres evolucionaron primeiro nas carófitas. Por exemplo, as análises de ADN cloroplástico (ADNcp) indican que moitas características dos cloroplastos das plantas evolucionaron inicialmente nas carófitas como as dos xéneros Staurastrum e Zygnema.[2][7] Estas investigacións indican que as embriófitas evolucionaron das carofíceas.[8][9]

  1. Guiry, M.D. & Guiry, G.M. 2007. AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. AlgaeBase.org; searched on 13 December 2007
  2. 1 2 3 Campbell, N. A. & Reece, J. B. 2005. Biology, Seventh Edition. Benjamin Cummings, San Francisco.
  3. Hoek, C. van den, Mann, D. G. & Jahns, H. M. 1995. Algae: An Introduction to Phycology. Cambridge University Press, Cambridge. ISBN 0-521-30419-9
  4. Streptophytina
  5. McCourt, R. M., Chapman, R. L., Buchheim, M. & Mishler, B. D. “Green Plants” Arquivado 11 de xullo de 2017 en Wayback Machine.. Accessed 13 December 2007
  6. Delwiche, C. F. “Charophycean Green Algae”[Ligazón morta]. Accessed 13 December 2007
  7. Turmel, M., Otis, C. & Lemieux, C. 2005. The Complete Chloroplast DNA Sequences of the Charophycean Green Algae Staurastrum and Zygnema Reveal that the Chloroplast Genome Underwent Extensive Changes During the Evolution of the Zygnematales. BMC Biology 3:22