DR-DOS
| DR-DOS | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
DR-DOS[nb 1] é un sistema operativo baseado en disco para ordenadores compatibles con IBM PC, desenvolvido orixinalmente por Digital Research, Inc. de Gary A. Kildall e derivado de Concurrent PC DOS 6.0, que foi un sucesor avanzado de CP/M-86. Tras o seu lanzamento en 1988, foi o primeiro DOS en intentar a compatibilidade tanto con IBM PC DOS como con MS-DOS.
Visión xeral
[editar | editar a fonte]A súa primeira versión foi a 3.31, chamada así para coincidir coa versión vixente de MS-DOS.[1] DR-DOS 5.0 lanzouse en 1990, sendo a primeira en venderse ao público; foi aclamada pola crítica[2] e converteu a DR-DOS no principal rival do MS-DOS de Microsoft,[3] que respondeu rapidamente co seu propio MS-DOS 5.0, lanzado máis dun ano despois.[4] Introduciu unha capa de interface gráfica de usuario chamada ViewMAX. DR-DOS 6.0 foi lanzado en 1991; máis tarde, coa adquisición de Digital Research por parte de Novell, a seguinte versión foi chamada Novell DOS 7.0 en 1994. Despois doutra venda, esta vez a Caldera, lanzáronse versións actualizadas, en parte como código aberto co nome de Caldera e, brevemente, como OpenDOS. A última versión de escritorio, Caldera DR-DOS 7.03, foi lanzada en 1999,[5] tras o cal o software foi vendido a Embedded Systems by Caldera e posteriormente a DeviceLogics. En 2022, DR-DOS foi adquirido por Whitehorn Ltd. Co.[6] e está de novo en desenvolvemento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ escrito como DR DOS, sen guión, nas versións ata a 6.0 incluída.
- ↑ "DR DOS 3.x". WinWorld (en inglés). Consultado o 2024-12-04.
- ↑ "Antitrust Division | Competitive Processes, Anticompetitive Practices And Consumer Harm In The Software Industry: An Analysis Of The Inadequacies Of The Microsoft-Department Of Justice Proposed Final Judgment". www.justice.gov (en inglés). 2015-08-14. Consultado o 2024-12-04.
- ↑ Fisher, Lawrence M. (1992-03-29). "Preaching Love Thy Competitor". The New York Times (en inglés).
- ↑ Fisher, Lawrence M. (1991-03-13). "Microsoft in Inquiry by F.T.C.". The New York Times (en inglés).
- ↑ "Caldera DR-DOS Notes - zxnet". www.zx.net.nz (en inglés). Consultado o 2024-12-04.
- ↑ "About - DR DOS". www.dr-dos.com (en inglés). Consultado o 2026-03-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |