close
Saltar ao contido

David Jay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Jay

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1982 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
St. Louis Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Wesleyana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2517993 Twitter: davidgljay Editar o valor en Wikidata

David Jay, nado o 24 de abril de 1982, é un activista asexual estadounidense. Fundou a Asexual Visibility and Education Network (en galego: Rede de Visibilidade e Educación Asexual), a máis coñecida das comunidades asexuais establecidas dende os comezos da web e as redes sociais.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

David Jay naceu en St. Louis, Missouri. Graduouse da Crossroads College Preparatory School no ano 2000.[3] Con 15 anos, comezou a considerarse asexual, saíndo do armario namentres estudaba na Universidade Wesleyana de Connecticut.[4] Frustrado pola carencia de recursos dispoñibles sobre a asexualidade, en 2001 creou a páxina web da AVEN.[2] Dende entón, converteuse nunha figura preeminente do movemento asexual, aparecendo en varios programas de televisión, incluíndo o documental de Arts Engine (A)sexual, de 2011.[2]

A AVEN é recoñecida como a meirande comunidade asexual en liña.[5] A data do 17 de xuño de 2013, conta con arredor de 70.000 usuarios rexistrados.[6]

Jay forma parte dunha familia non romántica de tres pais, que entende como unha influencia da súa identidade asexual.[7]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • How Moving From Transactional to Transformational Relationships can Reshape Our Lonely World (2024). ISBN 9798889840541
  1. Cavendish 2010.
  2. 1 2 3 Swash 2012.
  3. "Graduate David Jay to Speak at Crossroads". Crossroads College Preparatory School (en inglés). 2015-04-08. Consultado o 2025-10-18.
  4. Sohn 2005.
  5. Ponciano 2006.
  6. Mosbergen 2013.
  7. Chen 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]