EXOS C
Aparencia
| EXOS C / Ohzora | |
|---|---|
| Tipo | Científico |
| Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
| Data de lanzamento | 14 de febreiro de 1984, 8:00 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | M-3S[2][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kagoshima[2] |
| Obxectivo da misión | Estudo da composición da atmosfera e das interaccións onda-partícula no plasma ionosférico na anomalía do Atlántico Sur e as zonas aurorais.[2] |
| Decaemento | 26 de decembro de 1988[1] |
| NSSDC ID | 1984-015A |
| Masa | 210,0 kg[2][6] |
EXOS C (Exospheric Satellite C), tamén denominado Ohzora, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 14 de febreiro de 1984 mediante un foguete M-3S desde o Centro Espacial de Kagoshima.[2][5]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de EXOS C foi estudar a composición da atmosfera e os mecanismos da interacción entre campos e partículas na ionosfera sobre a anomalía do Atlántico Sur e as zonas aurorais. EXOS C foi inxectado nunha órbita inicial de 865 km de apoxeo e 354 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 74,6 graos e un período de 96,9 minutos. Reentrou na atmosfera o 26 de decembro de 1988.[1][2][3][6]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]EXOS C levaba a bordo os seguintes instrumentos:[2][5]
- Radiómetro infravermello para a observación do limbo.
- Espectrómetro ultravioleta.
- Espectrómetro solar infravermello.
- Analizador da enerxía das partículas precipitadas.
- Radiómetro solar.
- Sondador de plasma.
- Sondas de plasma.
- Monitor de partículas de alta enerxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "OHZORA (EXOS C)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2013.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (14 de maio de 2012). "Ohzora" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2013.
- 1 2 "Note verbale dated 27 April 1984 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (84-12568). 15 de maio de 1984: 2. Consultado o 25 de xaneiro de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "EXOS-C / Ohzora" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 25 de xaneiro de 2013.
- 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "EXOS C (Ohzora)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2013.
- 1 2 Mark Wade (2011). "EXOS" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2013.