close
Saltar ao contido

Edrofonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edrofonio
C₁₀H₁₆NO⁺ Editar o valor en Wikidata
Esquematismo
Estrutura química
 Instancia de
 Subclase de
 Ten o papel
 SMILES canónico
CC[N+](C)(C)C1=CC(=CC=C1)O Editar o valor en Wikidata
Características
 Ingrediente activo en
Enlon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   166,123 Da Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02xm_l Editar o valor en Wikidata
MeSHD004491 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2781448737 Editar o valor en Wikidata
CAS312-48-1 Editar o valor en Wikidata
PubChem3202 Editar o valor en Wikidata
ChemSpider3090 Editar o valor en Wikidata
UNII70FP3JLY7N Editar o valor en Wikidata
ChEBI251408 Editar o valor en Wikidata
ChEMBLCHEMBL1104 Editar o valor en Wikidata
IUPHAR9073 Editar o valor en Wikidata
Beilstein3905622 Editar o valor en Wikidata
InChlModelo3D Editar o valor en Wikidata
KEGGC06976 Editar o valor en Wikidata
DrugbankDB01010 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O edrofonio (Edrophonium ou N-etil-3-hidroxi-N,N-dimetilbencenaminio), antes vendido co nome de marca Tensilon entre outros, é un inhibidor da acetilcolinesterase doadamente reversible. Prevén a degradación do neurotransmisor acetilcolina e actúa inhibindo competitivamente o encima acetilcolinesterase, principalmente nas unións neuromusculares.

Usos médicos

[editar | editar a fonte]

O edrofonio (por medio do chamado test do Tensilon) úsase para diferenciar a miastenia grave da crise colinérxica e a síndrome miasténica de Lambert-Eaton. Na miastenia grave o corpo produce autoanticorpos que bloquean, inhiben ou destrúen os receptores de acetilcolina nicotínicos nas unións neuromusculares. O edrofonio —un efectivo inhibidor da acetilcolineserase— reduce a debilidade muscular bloqueando o efecto encimático do encima acetilcolinesterase, prolongando a presenza da acetilcolina na fenda sináptica. Únese ao sitio alostérico da serina-103, mentres que a piridostigmina e a neostigmina únense ao sitio activo da acetilcolinesterase polos seus efectos inhibitorios. Na crise colinérxica, na cal unha persoa ten demasiada estimulación neuromuscular, o edrofonio fai que a debilidade muscular vaia a peor ao inducir un bloqueo despolarizante. Porén, o edrofonio e os tests de paquete de xeo xa non se recomendan como test de primeira liña debido aos resultados falsos positivos que se poden presentar. Na práctica, os tests do edrofonio foron substituídos para testar os autoanticorpos, incluíndo os autoanticorpos para o receptor de acetilcolina e os anticorpos para a tirosina quinase específica do músculo.[1][2]

O test do Tensilon pode usarse tamén para predicir se a parálise neurotóxica causada pola inxección de velenos de serpes é presináptico ou postsináptico. Se é postsináptico, entón a parálise será revertida temporalmente, indicando que se pode reverter por medio dunha terapia antiveleno axeitada. Se a neurotoxicidade é presináptica, entón o test do Tensilon non mostrará resposta e o antiveleno non reverterá a parálise. Neste caso, a reversión da parálise non se producirá ata que os axóns terminais danados nas unións neuromusculares se recuperen, isto pode tardar días ou semanas.[3]

O fármaco pode tamén usarse para reverter o bloqueo neuromuscular ao final dun procedemento cirúrxico.[4]

O edrofonio en forma de cloruro (cloruro de etil-(3-hidroxifenil)dimetilamonio) prodúcese ao facer reaccionar o 3-dimetilaminofenol con bromuro de etilo, o cal forma bromuro de etil(3-hidroxifenil)dimetilamonio, cuxo átomo de bromo é substituído por un átomo de cloro ao reaccionar con cloruro de prata, dando edrofonio en forma de cloruro.[5]

Síntese do edrofonio.

Farmacocinética

[editar | editar a fonte]

O fármaco ten unha breve duración da acción, de só uns 10–30 minutos.[4]

  1. Meriggioli MN, Sanders DB (xullo de 2012). "Muscle autoantibodies in myasthenia gravis: beyond diagnosis?". Expert Review of Clinical Immunology 8 (5): 427–438. PMC 3505488. PMID 22882218. doi:10.1586/eci.12.34.
  2. Caliandro P, Evoli A, Stålberg E, Granata G, Tonali P, Padua L (decembro de 2009). "The difficulty in confirming clinical diagnosis of myasthenia gravis in a seronegative patient: a possible neurophysiological approach". Neuromuscular Disorders 19 (12): 825–827. PMID 19846306. doi:10.1016/j.nmd.2009.09.005.
  3. Cameron P, Jelinek G, Everitt I, Browne G, Raftos J (setembrode 2011). Textbook of Paediatric Emergency (2ª ed.). Churchill Livingstone. pp. 443–4. ISBN 978-0-7020-5636-9.
  4. 1 2 Tripati KD (2004). Essentials of Medical Pharmacology (5ª ed.). Jaypee Brothers Medical. p. 84. ISBN 978-81-8061-187-2.
  5. US 2647924, Aeschlimann JA, Stempel A, issued 1953

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]