Fernando Zunzunegui
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 5 de outubro de 1943 Vigo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 28 de agosto de 2014 Madrid | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fernando Zunzunegui Rodríguez, nado en Vigo o 5 de outubro de 1943 e finado en Madrid o 28 de agosto de 2014[1], foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar no equipo xuvenil do Chao, pasando rapidamente ao Celta de Vigo. Nun primeiro momento foi cedido ao Turista, porén o xa internacional xuvenil foi repescado tendo aínda tempo a debutar co primeiro equipo esa mesma tempada. Pronto se fixo cun posto na defensa titular. A tempada 1964-1965 foi o seu ano máis completo no Celta pero tamén o último
Rematada a tempada comezaron a chegar ofertas polo defensa vigués, fichando finalmente polo Real Madrid o 17 de xuño de 1965 a cambio de millón e medio de pesetas e as cesións de Pedrito, Lavandera e Roberto. No equipo madrileño xogou durante seis tempadas en varias posicións, disputando un total de 76 encontros. A pesar da súa boa traxectoria sempre se lle recordará o autogol que anotou na final da Copa de 1968 que deu a vitoria ao FC Barcelona por 1-0.
No ano 1973 e despois de enfrontamentos co adestrador Miguel Muñoz marchou para o Levante UD a xogar en Segunda División.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece Fernando Zunzunegui". Real Madrid CF (en castelán). 28 de agosto de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Marcos L. Bacariza (30 de setembro de 2009). "Zunzunegui". Yo jugué en el Celta (en castelán).