A ferralla de ferro é imprescindible para a fabricación de aceiro. A gusa de ferro, extraída da mena que sae dun alto forno pasan nunha segunda fase a un convertedor onde son mesturados cun 20 a 40% de ferralla.[2][3] No caso dos fornos eléctricos esta porcentaxe pode atinxir até o 100%. Ademais das empreses especializadas, segundo o Gremio de Recuperación de Cataluña, en 2015 unhas 53500 persoas recollen ferralla nas rúas dos concellos cataláns. Este número medrou nos últimos anos e por mor dos escasos ingresos, o traballo precarizouse aínda máis.[4][5]
Un caso especial forma a "ferralla espacial": carcasas e outros obxectos perdidos na órbita terrestre que causan un problema para as axencias espaciais. En 2015, estaban inventariadas até vinte mil pezas, que van da medida dunha mazá á dun autobús.[6]