Ibaraki (茨木市, いばらきし, Ibaraki-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ó norte da prefectura, na parte Hokusetsu (a parte norte de Settsu), ao centro da rexión de Kinki, no centro-oeste da illa de Honshu. Ten 76,52km² de superficie, unha poboación de 272.817 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 3.570 hab./km².