close
Saltar ao contido

Joinville

Joinville
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Joinville (pt) Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
9 de marzo de 1851 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Comparte fronteira con
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
Poboación616.317 (2022) Editar o valor en Wikidata
Índice desenvolvemento humano0,809 Editar o valor en Wikidata
Superficie1.126,106 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude4 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal89200-000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap296650 Editar o valor en Wikidata
VIAF25144898625950290547 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/082tg0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Joinville é a máis grande cidade do Estado brasileiro de Santa Catarina (mais non é a súa capital). Foi fundada en 1851 por 191 familias de inmigrantes, orixinarias de Alemaña, Suíza e Noruega.

As súas terras localízanse xunto ao río Cachoeira, non moi distante do litoral. A sede do municipio sitúase a uns 4,5 m sobre o nivel do mar. Hai algunhas montañas próximas cubertas por vexetación remanecente da Mata Atlántica.

A cidade de Joinville.

Joinville ten ese nome pois foi fundada en terras de François Ferdinand Philippe, príncipe de Joinville e marido da irmá do emperador Pedro II do Brasil, Dona Francisca. As terras foron un regalo do casamento. O príncipe e Dona Francisca xamais visitaron as terras, mais unha casa foi construída para eles, que é hoxe o "Museu Nacional de Inmigración e Colonización Palacio dos Príncipes de Joinville". Non obstante, os primeiros habitantes da rexión foron os indios tupis e guaranís, feito comprobado por 40 sitios arqueolóxicos encontrados nas súas proximidades.

Hotel en Joinville con arquitectura en estilo alemán - chamada no Brasil de estilo enxaimel.

Entre os anos 1950 e 1980 a cidade tornouse eminentemente industrial, e recibiu a denominación de Manchester catarinense.

Hoxe a súa produción industrial é escoada por estradas para outras rexións do Brasil (ten acceso fácil ao sur do Brasil e Mercosur, e tamén a Curitiba, e desta até Sao Paulo e Río de Xaneiro), e por ferrocarril até os portos de Itajaí e de São Francisco do Sul, situados uns 40 e uns 90 km da cidade, respectivamente. Tamén posúe unha Universidade privada - UNIVILLE - e algúns cursos da Universidade estatal - UDESC.