Lago Titicaca
| Tipo | lago monomictic lake (en) atracción turística lago de montaña | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localizado na área protexida | Titicaca National Reservation (en) | ||||
| Localización | |||||
| País da cunca | Bolivia e Perú | ||||
| División administrativa | Departamento de Puno, Perú e Departamento de La Paz, Bolivia | ||||
| |||||
| Composto por | |||||
| Afluentes | |||||
| Efluente do lago | Rio Desaguadero (pt) | ||||
| Conca hidrográfica | conca do lago Titicaca | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 3.812 m | ||||
| Profundidade | 489 m | ||||
| Dimensións | 80 ( | ||||
| Perímetro | 1.125 km | ||||
| Superficie | 8.372 km² 8.562 km² | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 56.270 km² | ||||
| Candidato a Patrimonio da Humanidade | |||||
| Data | 17 de xuño de 2005 | ||||
| Identificador | 5080 | ||||
| Candidato a Patrimonio da Humanidade | |||||
| Data | 1 de xullo de 2003 | ||||
| Identificador | 1817 | ||||
| Sitio Ramsar | |||||
| Data | 26 de agosto de 1998 | ||||
| Identificador | 959 | ||||
| Sitio Ramsar | |||||
| Data | 20 de xaneiro de 1997 | ||||
| Identificador | 881 | ||||
| Medicións | |||||
| Volume físico | 893 km³ | ||||
O Lago Titicaca, con cerca de 8300 km², é o maior lago de América do Sur. Situandose a 3821 m por enriba do nivel do mar, é o máis alto lago comercialmente navegábel do mundo.
Localización e características
[editar | editar a fonte]Localizado no altiplano dos Andes, na fronteira do Perú e Bolivia, ten unha profundidade media de 140 a 180 m, e unha profundidade máxima de 280 m. A súa orixe débese á recesión dos glaciares e á formación no Plistoceno Inferior dunha fosa tectónica que ocupou o actual Titicaca.[1]
Máis de 25 ríos desaugan no lago Titicaca, e o lago ten 41 illas, algunhas densamente poboadas.
O Titicaca é interesante pola poboación que viven nos Uros, un conxunto de nove illas artificiais, que se converteron nunha grande atracción turística no Perú, traendo excursións desde a cidade de Puno, no Perú. Outra illa, Taquile, é outra grande atracción turística, presentando unha comunidade indíxena. Os habitantes de Taquile son coñecidos polos seus produtos téxtiles feitos á man, considerados entre as manufacturas de mellor cualidade do Perú.
O lago Titicaca é alimentado pola auga das chuvias e polo desxeo dos glaciares que rodean o altiplano. É fonte do río Desaguadero, que corre para o sur a través de Bolivia até o Lago Poopó; no entanto, este afluente é responsábel polo menos do cinco por cento da perda de auga, o resto evapórase debido aos ventos intensos e á exposición extrema á luz do Sol nesta altitude.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do nome Titicaca é descoñecida; foi traducido como "Pedra do Puma", combinando palabras do quechua e do aimará. Localmente, o lago é coñecido con diversos nomes.
Como a parte sueste do lago está separada do resto do lago polo estreito de Tiquina, os bolivianos chaman esa pequena parte Lago Huinaymarca, e a parte maior Lago Chucuito. No Perú, esas partes pequena e grande coñécense como Lago Pequeño e Lago Grande, respectivamente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Claude Dejoux e André Iltis (1991). El Lago Titicaca: síntesis del conocimiento limnológico actual. IRD Editions, páxina 26.
