A cobra de colar[1][2]eurasiática ou cobra de auga de colar[2]eurasiática (Natrix natrix) é unha cobra non velenosa da familiaColubridae, propia de Eurasia. É moi similar á cobra de colar que se pode atopar en Galicia e no resto da Península Ibérica, e que dende hai poucos anos se considera unha especie diferenciada.
Pode chegar a medir dous metros de lonxitude, pero os adultos adoitan ter arredor de 120cm. Ten o corpo groso, a testa redondeada e os ollos de pupilas redondas. A cor é moi variable, a máis común é parda ou verde escuro, aínda que poden aparecer dende cor gris ata negro; coa parte inferior do corpo máis clara. Presenta manchas negras. Algúns individuos teñen un colar característico de cor amarela ou alaranxada. É unha especie de vida diúrna que se alimenta de anfibios (especialmente de ras e sapos), e pode chegar a cazar pequenos mamíferos e peixes. As femias son meirandes que os machos.