Estaleiro da ría de Ferrol en FeneManobra de carga do casco do buque HMAS Adelaide (LHD 01) na Ría de Vigo. Construído parcialmente en Navantia Ferrol envíase aos estaleiros BAE Systems Australia para a súa finalización.
Navantia é unha sociedade pública de construción naval militar creada en 2005 como resultado da segregación da rama militar da antiga Izar.
As orixes da empresa están en 1730 coa creación dos arsenais para a Armada Española en Ferrol, Cartagena e La Carraca. En 1908 creouse a Sociedad Española de Construcción Naval (La Naval). Rematada a Guerra Civil foron nacionalizados e en 1947 baixo o nome de Bazán e xunto co INI en AESA (Astilleros Españoles Sociedad Anónima). No ano 2000 créase Izar e no 2005 trocan o nome por Navantia.
En Galicia, os seus dous únicos estaleiros e centros de actividade localízanse na comarca de Ferrolterra. As plantas, asentadas en Ferrol e Fene, correspóndense respectivamente coas antigas Empresa Nacional Bazán-Ferrol e Astano, agora unidas baixo un mesmo organigrama directivo. Na baía de Cádiz están, Puerto Real e San Fernando. En Murcia os de Cartagena.
Navantia ademais de traballar para a Armada Española fai construcións para outros países, xeralmente despois de ter que participar e gañar en concursos internacionais.
Armada Española
Xeira de 5 fragatas da serie F-100 construídas en Ferrol (proxecto inicialmente iniciado sendo Izar)