close
Saltar ao contido

Orkut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Orkut
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Fundador/a
 Propietario/a
Datas
 Fundación / creación
24 de xaneiro de 2004 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
30 de setembro de 2014 Editar o valor en Wikidata
 Descontinuación
30 de setembro de 2014 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0290kv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Orkut foi unha rede social propiedade de Google, creada o 19 de xaneiro de 2004 co obxectivo de dotar os usuarios dunha ferramenta para crear novas amizades e manter relacións sociais. O seu nome procede do xefe dos desenvolvedores do proxecto Orkut Büyükkokten, enxeñeiro turco de Google.

Na súa creación pensouse no mercado norteamericano e nun principio foi unha rede fundamentalmente anglófona coa maioría dos seus membros procedentes dos Estados Unidos. Porén desde 2004 os usuarios do Brasil medraron exponencialmente, e na actualidade a maioría dos seus usuarios actuais son do Brasil e da India[1]. No Brasil é o sitio web máis visitado e ten máis de 23 millóns de usuarios[2] na India é o segundo máis visitado. Orixinariamente a sede de Orkut estaba en California pero en agosto de 2008 Google anunciou que o servizo ía ser dirixido desde Brasil por Google Brasil.

  1. "Usuarios de Orkut por países". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2008.
  2. Folha Online, 9 de xaneiro de 2008

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]