Peterhead (escocés:Ceann Phàdraig, scots:Peterheid) é unha vila de Aberdeenshire, Escocia. É a localidade máis poboada de Aberdeenshire (administración municipal á que non pertence a cidade de Aberdeen), cunha poboación de 18.537 habitantes segundo o censo de 2011[1].
Peterhead constitúe o asentamento máis ao leste de Escocia coa excepción das illas do Mar do Norte[2].
Peterhead foi fundada por pescadores. En 1593 a construción do primeiro porto, Port Henry[3], animou o desenvolvemento de Peterhead como porto pesqueiro e estabeleceuno como base para o comercio.