close
Saltar ao contido

Pobo twa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo twa
Imaxe da bandeira
 Instancia de
 Subclase de
Códigos e identificadores
Freebase/m/0hnvh Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Baile tradicional dos Batwa.

Os twa ou batwa son un pobo pigmeo que vive na rexión africana dos Grandes Lagos, actualmente nos estados de Ruanda, Burundi e República Democrática do Congo. Representa aproximadamente unha poboación de 80.000 persoas.

Cando os hutus, un pobo bantú, chegou á rexión subxugaron ós twa. No século XV os tutsi, outro pobo bantú, chegaron e subxugaron a ámbolos dous pobos, twa e hutu. Os twa falan a mesma lingua que os hutu e os tutsi, o kiñaruanda. Durante moitos anos os twa foron unha pequena minoría da rexión (aproximadamente o 1 % en Ruanda e Burundi) e xogan un papel político escaso. Hoxe son ignorados ás discusións sobre o conflito entre hutus e tutsis, que provocou o Xenocidio de Ruanda de 1994.