Río Eifonso
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Eifonso.
| Tipo | curso de auga | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | provincia de Pontevedra, España | |||
| Final | ||||
| División administrativa | provincia de Pontevedra, España | |||
| Localización | río Lagares | |||
| ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 6 ( | |||
O río Eifonso é un río galego que transcorre integramente polo concello de Vigo. Afluente do río Lagares, constitúe un dos espazos naturais con maior valor ecolóxico do concello vigués.[1] Recibe o seu nome da aldea de Eifonso, da parroquia de Bembrive.
Descrición
[editar | editar a fonte]Nace no Monte das Lagoas,[Cómpre referencia] próximo ao campus universitario vigués, a unha altura de 450 metros. Transcorre polas parroquias de Beade, Bembrive e Sárdoma, onde desauga no Lagares, tras percorrer 6 quilómetros. Á súa beira transcorre unha ruta de sendeirismo que atravesa fragas de ribeiras únicas no concello[1], muíños e unha fervenza. No camiño está o antigo poboado de Bene Vívere (Bembrive), xa abandonado, erguido no século X.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Fervenza do río Eifonso en Bembrive, Vigo.
- Ribeira do río Eifonso.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Recorrido Eifonso en Las mejores rutas de senderismo, Faro de Vigo.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
