close
Saltar ao contido

STS-118

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-118
Lanzamento da misión STS-118
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de agosto de 2007, 22:36GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión12,75 días[6]
Obxectivo da misiónAprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso21 de agosto de 2007[6]
NSSDC ID2007-035A

STS-118 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 8 de agosto de 2007 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-118, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Scott Kelly, o piloto Charlie Hobaugh e os especialistas de misión Alvin Drew, Barbara R. Morgan, Tracy Caldwell, Rick Mastracchio e Dafydd Williams.[3][5][6][7]

O transbordador acoplouse á estación ás 18:02 GMT do 10 de agosto no porto PMA-2. Durante a misión colocouse a viga S5 na estación e descargáronse varias toneladas de víveres e material que ían a bordo do transbordador. En total fixéronse catro paseos espaciais. O Endeavour desacoplouse da estación ás 11:56 GMT do 19 de agosto e volveu a terra en Cabo Cañaveral o 21 de agosto de 2007.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 118" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 13 November 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-89382(E)). 21 de decembro de 2007: 10. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 118" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-118 / ISS 13A.1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2018. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-118" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (2 de abril de 2008). "STS-118" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]