Sennan (泉南市, せんなんし, Sennan-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ó suroeste da prefectura, na zona sur da provincia histórica de Izumi, no centro da rexión de Kinki, e no centro da illa de Honshu. A súa superficie é de 48,48km², a poboación é de 64.735 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.340 hab./km².