close
Saltar ao contido

SloMo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

SloMo
Chanel Terrero Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Título
SloMo (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Interpretado por
 Compositor/a
Datas
 Data de publicación
24 de decembro de 2021 Editar o valor en Wikidata
Historia
Cifras e dimensións
Duración176 s Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Last fm: Chanel/_/SloMo Genius: Chanel-cub-slomo-lyrics Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

«SloMo» é unha canción da cantante española Chanel. Foi publicada o 21 de decembro de 2021 baixo o selo de BMG Spain.[1] Foi elixida para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2022 na final do Benidorm Fest 2022.[2][3]

Eurovisión 2022

[editar | editar a fonte]

O 10 de decembro de 2021 anunciouse que Chanel participaría con "SloMo" na vindeira edición inaugural do Benidorm Fest, festival de música utilizado como proceso de selección do representante español para o Festival da Canción de Eurovisión.[4] O sinxelo foi lanzado en formato de descarga dixital o 24 de decembro de 2021 e presentouse en directo durante a primeira semifinal do Benidorm Fest o 26 de xaneiro de 2022, na que Chanel obtivo a puntuación máis alta da noite tanto de xurados como de televoto.[5] Tamén obtivo o maior número de puntos na gran final do 29 de xaneiro. Deste xeito, a canción foi seleccionada para representar a España no Festival de Eurovisión 2022.[2][6] Ademais, como España é membro do "Big Five", a proposta avanzou automaticamente á final, que se celebrará o 14 de maio de 2021 no Palasport Olimpico de Turín, Italia.

Descarga dixital[7]
N.º Título Duración
1. "SloMo"   2:56
  1. "Te presentamos a Chanel, la artista que quiere dar el salto de los musicales a Eurovisión con 'SloMo'" [Presentámosche a Chanel, a artista que quere dar o salto dos musicais a Eurovisión con 'SloMo']. LOS40 (en castelán). 21 de decembro de 2021. Consultado o 1 de febreiro de 2022.
  2. 1 2 "Chanel gana el Benidorm Fest y representará a España en Eurovisión 2022 con el tema "SloMo"" [Chanel gaña o Benidorm Fest e representará a España en Eurovisión 2022 coa canción "SloMo"]. RTVE. Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
  3. "‘SloMo’ consiguió hacernos bailar cuando Chanel la interpretó en la semifinal del Benidorm Fest" [‘SloMo’ conseguiu facernos bailar cando Chanel a interpretou na semifinal do Benidorm Fest]. LOS40 (en castelán). 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 1 de febreiro de 2022.
  4. Víctor López (10 de decembro de 2021). "Spain: Benidorm Fest 2022 Participants Revealed" [España: revelados os participantes do Benidorm Fest 2022] (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
  5. Megan Davies (26 de xaneiro de 2022). "Spain: Four Qualify from Benidorm Fest First Semi-Final" [España: os catro clasificados da primeira semifinal do Benidorm Fest] (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
  6. Neil Farren (29 de xaneiro de 2022). "Spain: Chanel to Eurovision 2022" [España: Chanel a Eurovisión 2022] (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
  7. "SloMo - Single de Chanel" (en castelán). iTunes. 24 de decembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2022. Consultado o 1 de febreiro de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
«Voy a quedarme»
Blas Cantó

España no Festival de Eurovisión

2022
Sucesor:
Por determinar