Taiyo
| Taiyo / SRATS | |
|---|---|
| Tipo | Científico |
| Organización | ISAS |
| Data de lanzamento | 24 de febreiro de 1975[1][2][3] |
| Foguete portador | M-3C[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[2][3][4][5] |
| Obxectivo da misión | Estudos aeronómicos.[2][3][4][5] |
| Decaemento | 29 de xuño de 1980[1] |
| NSSDC ID | 1975-014A |
| Masa | 86 kg[4][2] |
| Potencia | 15 W[4][2] |
Taiyo, tamén coñecido como SRATS (Solar Radiation and Thermospheric Satellite), foi un satélite artificial xaponés lanzado o 24 de febreiro de 1975 a bordo dun foguete M-3C desde o Centro Espacial de Uchinoura.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Taiyo era un satélite lanzado a órbita para facer investigacións aeronómicas. Tiña forma de octógono de 75 cm de diámetro e 65 cm de altura e estabilizábase mediante xiro. Do corpo do satélite estendíanse catro sondas de plasma unidas a mastros de 0,5 m de longo. A alimentación eléctica era proporcionada por 6000 células solares que cubrían os lados do satélite e que producían ata 15 W de potencia.[1][2][4][5]
A misión do satélite era estudar a ionosfera mediante a observación simultánea da radiación solar ionizante, o albedo ultravioleta da Terra, a composición dos ións positivos e os parámetros do plasma na ionosfera.[1][2][4][5]
O satélite reentrou na atmosfera terrestre o 28 de xuño de 1980.[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "SRATS (TAIYO)" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2024.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 NASA (28 de outubro de 2022). "Taiyo" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2024.
- 1 2 3 "Letter dated 24 March 1975 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (75-06246 (E)). 31 de marzo de 1975: 2. Consultado o 2 de marzo de 2024.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "SRATS (Taiyo)" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2024.
- 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2024). "SRATS" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2024.