close
Saltar ao contido

Trieste

Trieste
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
 Parte de
 Nome orixinal
Trieste (vec) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Trieste (it) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Día festivo
Historia
 Historia
 Premios e distincións
Localización
 Situado en
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
198.417 (2023)
204.420 (2015)
205.374 (2008)
204.338 (2018)
204.234 (2017)
204.234 (2016) Editar o valor en Wikidata
Superficie85,11 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal34121 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap179180 Editar o valor en Wikidata
VIAF194468292 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fjsl Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: ComunediTrieste Twitter: ComunediTrieste Instagram: comuneditrieste Youtube: UC8kAiuN_0wG7pK0vjQuToRw BNE: XX452394 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Trieste[1] (en esloveno: Trst) é unha cidade italiana, capital da rexión de Friúl-Venecia Xulia, na fronteira con Eslovenia. É capital da provincia homónima e no 2013 tiña 204 849 habitantes.[2]

Economía

[editar | editar a fonte]
Sede do consistorio municipal de Trieste.

Trieste ten un porto de notables dimensións con diferentes terminais. Ten especial importancia o tráfico de contedores, sendo a principal porta europea dos produtos turcos, grazas ao sistema de tráfico Ro-Ro co país eurasiático. Tamén son relevantes os movementos de café (un terzo das importacións nacionais) e a terminal petrolífera, da que parte o oleoduto transalpino, que abastece Austria, Baviera e a República Checa. No tráfico de pasaxeiros está en aumento a actividade cruceirística.

En relación ás actividades económicas relacionadas co porto, en Trieste ten a súa sede central a empresa de construción naval de propiedade pública Fincantieri e tamén Italia Marítima, unha compañía de navegación do grupo Evergreen. No sector industrial, destaca o sector da mecánica industrial e naval, a metalurxia e a alimentación.

O 90% de todas as industrias e boa parte das artesanais encóntranse na zona industrial dos vales de Zaule e Noghere, a cabalo entre os concellos de Trieste, Muggia e Dolina, xa en San Dorligo della Valle, administrada pola EZIT (Ente para a Zona Industrial de Trieste).

É moi importante para Trieste a achega económica da investigación científica e o sector terciario. A cidade é sede de varias compañías de seguros.

Na zona de Trieste está en discusión a construción dunha ou dúas plantas regasificadoras: unha en terra, na zona de Zaule, e outra en mar aberto, no Golfo de Trieste.[Cómpre referencia]

Trieste, cidade multiétnica

[editar | editar a fonte]

Trieste é un cruzamento de culturas e relixións, consecuencia da súa posición xeográfica de fronteira e das vicisitudes históricas que a fixeron punto de encontro de moitos pobos e culturas. Na cidade de Trieste actualmente están presentes xunto aos italianos e a minoría eslovena que goza de recoñecemento oficial numerosos grupos étnicos minoritarios (croatas, serbios, romaneses, gregos, alemáns e grupos de recente asentamento como os albaneses, chineses, africanos e suramericanos.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para triestino.
  2. National Institute of Statistics (Italy), ed. (19 de setembro de 2011). "Total Resident Population on 1st January 2011 by sex and marital status. Province: Trieste". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]