close
Saltar ao contido

Calder Memorial Trophy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Trofeo Calder»)

Para o premio ao campión da American Hockey League vexa Calder Cup

O Calder Memorial Trophy.

O Calder Memorial Trophy é un trofeo anual outorgado "ao xogador seleccionado como o máis competente no seu primeiro ano de competición na National Hockey League".[1] Servindo como premio ao Novato do Ano na NHL, esta versión do trofeo entrégase dende a súa creación na tempada 1936-1937 da NHL. A votación lévase a cabo por membros da Professional Hockey Writers' Association ao final da liga regular para determinar o gañador.

Historía

[editar | editar a fonte]
O presidente da NHL Red Dutton presenta o Calder Memorial Trophy a Gus Bodnar en 1944.

O trofeo recibe o seu nome en honor a Frank Calder, o antigo Presidente da National Hockey League (NHL) dende a súa creación en 1917 ata a súa morte en 1943. Aínda que o premio de Rookie of the Year (Novato do Ano) é entregado dende a tempada 1932-33, o Calder Trophy foi presentado por primeira vez ao final da tempada 1936-37.[2] Despois da morte de Calder en 1943, o trofeo foi renomeado como Calder Memorial Trophy.[1]

En 1990, Sergei Makarov, dos Calgary Flames, converteuse no xogador máis vello, con 31 anos, en gañar o Calder, malia ter xogado para o equipo "non oficialmente" profesional do HC CSKA Moscova (o equipo do "Exército Vermello") na Unión Soviética.[3] Logo desta tempada, as condicións para conceder o Calder foron modificadas para que só puideran ser elixidos xogadores menores de 26 anos o 15 de setembro na súa tempada como rookies.[1]

Para ser elixible para o premio, un xogador non pode ter xogado máis de 25 partidos con anterioridade nunha soa tempada, nin ter xogado en máis de seis partidos en cada unha das dúas tempadas anteriores en algunha liga profesional maior.[1] "O último feito foi quizais máis importante cando, na tempada 1979-80, o fenómeno de primeiro ano Wayne Gretzky non foi elixible para gañar o Calder Trophy a pesar de ter conseguido 137 puntos (o récord para un novato ata aquela era de 95 puntos), porque xa xogara unha tempada completa na World Hockey Association.[4] En 1991, o porteiro Ed Belfour gañou o Calder tendo aparecido en 32 partidos cos Chicago Blackhawks entre as tempadas 1988–89 e 1989–90.[5] Belfour foi elixible para o premio porque 9 deses partidos tiveron lugar durante os play-offs da Stanley Cup en 1990, e os outros 23 partidos tiveron lugar durante a tempada 1988-89. Os nove partidos dos play-offs e 33 partidos xogados coa selección masculina de hóckey sobre xeo do Canadá non contaron para os requisitos de elixibilidade da liga regular. Na tempada 2010-11, Logan Couture foi elixible para o Calder Trophy a pesar de ter xogado en 40 partidos previos (25 na liga regular e 15 nos play-offs, todos na tempada 2009-10), mentres que Alex Pietrangelo non foi elixible a pesar de ter xogado só 17 partidos previos (8 na tempada 2008-09 e 9 na 2009–10, ambas veces enviado de novo a júniors).

O premio ten sido gañado a maioría das veces por rookies dos Toronto Maple Leafs, que o gañaron en nove ocasións.

A votación é realizada ao final da liga regular por membros da Professional Hockey Writers Association, e cada votante individual clasifica aos seus cinco mellores xogadores segundo un sistema que outorga 10–7–5–3–1 puntos.[6] Finalmente nomínanse tres finalistas e o trofeo é entregado durante a cerimonia dos NHL Awards logo da finalización dos play-offs.

Gañadores

[editar | editar a fonte]
Eric Vail, gañador en 1975.
Mario Lemieux, gañador en 1985.
Luc Robitaille, gañador en 1987.
Pavel Bure, gañador en 1992.
Martin Brodeur, gañador en 1994.
Daniel Alfredsson, gañador en 1996.
Alexander Ovechkin, gañador en 2006.
Gabriel Landeskog, gañador en 2012.
Lenda
CCentro LWExtremo Esquerdo
DDefensa RWExtremo Dereito
GPorteiro

     Xogador aínda activo na NHL

Tempada Gañador Equipo Posición Idade
1932–33 Carl Voss Detroit Red Wings C 25
1933–34 Russ Blinco Montreal Maroons C 25
1934–35 Sweeney Schriner New York Americans LW 22
1935–36 Mike Karakas Chicago Black Hawks G 23
1936–37 Syl Apps Toronto Maple Leafs C 21
1937–38 Cully Dahlstrom Chicago Black Hawks C 24
1938–39 Frank Brimsek Boston Bruins G 24
1939–40 Kilby MacDonald New York Rangers LW 25
1940–41 Johnny Quilty Montreal Canadiens C 19
1941–42 Grant Warwick New York Rangers RW 19
1942–43 Gaye Stewart Toronto Maple Leafs RW 19
1943–44 Gus Bodnar Toronto Maple Leafs C 20
1944–45 Frank McCool Toronto Maple Leafs G 25
1945–46 Edgar Laprade New York Rangers C 25
1946–47 Howie Meeker Toronto Maple Leafs RW 21
1947–48 Jim McFadden Detroit Red Wings C 27
1948–49 Finlandia Pentti Lund New York Rangers RW 22
1949–50 Jack Gelineau Boston Bruins G 24
1950–51 Terry Sawchuk Detroit Red Wings G 20
1951–52 Bernie Geoffrion Montreal Canadiens RW 20
1952–53 Gump Worsley New York Rangers G 23
1953–54 Camille Henry New York Rangers C 20
1954–55 Ed Litzenberger Chicago Black Hawks RW 22
1955–56 Glenn Hall Detroit Red Wings G 23
1956–57 Larry Regan Boston Bruins RW 26
1957–58 Frank Mahovlich Toronto Maple Leafs LW 19
1958–59 Ralph Backstrom Montreal Canadiens C 20
1959–60 Bill Hay Chicago Black Hawks C 23
1960–61 Dave Keon Toronto Maple Leafs C 20
1961–62 Bobby Rousseau Montreal Canadiens RW 21
1962–63 Kent Douglas Toronto Maple Leafs D 26
1963–64 Jacques Laperriere Montreal Canadiens D 21
1964–65 Roger Crozier Detroit Red Wings G 22
1965–66 Brit Selby Toronto Maple Leafs LW 20
1966–67 Bobby Orr Boston Bruins D 18
1967–68 Derek Sanderson Boston Bruins C 21
1968–69 Danny Grant Minnesota North Stars RW 23
1969–70 Tony Esposito Chicago Black Hawks G 26
1970–71 Gilbert Perreault Buffalo Sabres C 19
1971–72 Ken Dryden Montreal Canadiens G 24
1972–73 Steve Vickers New York Rangers LW 21
1973–74 Denis Potvin New York Islanders D 19
1974–75 Eric Vail Atlanta Flames LW 20
1975–76 Bryan Trottier New York Islanders C 19
1976–77 Willi Plett Atlanta Flames RW 21
1977–78 Mike Bossy New York Islanders RW 20
1978–79 Bobby Smith Minnesota North Stars C 20
1979–80 Ray Bourque Boston Bruins D 19
1980–81 Eslovaquia Peter Stastny Quebec Nordiques C 24
1981–82 Dale Hawerchuk Winnipeg Jets C 18
1982–83 Steve Larmer Chicago Black Hawks RW 21
1983–84 Tom Barrasso Buffalo Sabres G 18
1984–85 Mario Lemieux Pittsburgh Penguins C 19
1985–86 Gary Suter Calgary Flames D 21
1986–87 Luc Robitaille Los Angeles Kings LW 20
1987–88 Joe Nieuwendyk Calgary Flames C 21
1988–89 Brian Leetch New York Rangers D 20
1989–90 Sergei Makarov Calgary Flames RW 31
1990–91 Ed Belfour Chicago Blackhawks G 25
1991–92 Pavel Bure Vancouver Canucks RW 20
1992–93 Finlandia Teemu Selanne Winnipeg Jets RW 22
1993–94 Martin Brodeur New Jersey Devils G 21
1994–95 Peter Forsberg Quebec Nordiques C 21
1995–96 Daniel Alfredsson Ottawa Senators RW 22
1996–97 Bryan Berard New York Islanders D 19
1997–98 Sergei Samsonov Boston Bruins LW 19
1998–99 Chris Drury Colorado Avalanche C 22
1999–2000 Scott Gomez New Jersey Devils C 19
2000–01 Evgeni Nabokov San Jose Sharks G 25
2001–02 Dany Heatley Atlanta Thrashers RW 20
2002–03 Barret Jackman St. Louis Blues D 21
2003–04 Andrew Raycroft Boston Bruins G 23
2004–05 Non houbo gañador a causa do
lockout da NHL 2004–05
- - -
2005–06 Alexander Ovechkin Washington Capitals LW 20
2006–07 Evgeni Malkin Pittsburgh Penguins C 20
2007–08 Patrick Kane Chicago Blackhawks RW 19
2008–09 Steve Mason Columbus Blue Jackets G 21
2009–10 Tyler Myers Buffalo Sabres D 20
2010–11 Jeff Skinner Carolina Hurricanes C 18
2011–12 Gabriel Landeskog Colorado Avalanche LW 19
2012–13 Jonathan Huberdeau Florida Panthers C 19
2013–14 Nathan MacKinnon Colorado Avalanche C 18

Clasificacións

[editar | editar a fonte]
Xogadores por nacionalidade
Nacionalidade Nº de xogadores
1. Canadá57
2.Estados Unidos de América Estados Unidos11
3.Rusia Rusia6
4.Suecia Suecia3
5.Finlandia Finlandia2
6.Reino Unido Reino Unido1
Eslovaquia Eslovaquia1
Xogadores por posición
Posición Nº de xogadores
1.Centro (C)27
2.Extremo Dereito (RW)18
3.Porteiro (G)16
4.Defensa (D)10
Extremo Esquerdo (LW)10
Xogadores por idade
Idade Nº de xogadores
18 anos2
19 anos11
20 anos13
21 anos21
22 anos6
23 anos7
24 anos7
25 anos4
26 anos ou máis10
Xogadores por equipo
Equipo Nº de xogadores
1.Toronto Maple Leafs9
2.Chicago Blackhawks8
New York Rangers8
Boston Bruins8
5.Montreal Canadiens6
6.Detroit Red Wings5
7.New York Islanders4
8.Buffalo Sabres3
Calgary Flames3
  1. 1 2 3 4 nhl.com (ed.). "Calder Memorial Trophy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2006. Consultado o 11 de xaneiro de 2015.
  2. legendsofhockey.net (ed.). "Silverware: Calder Memorial Trophy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2014. Consultado o 12 de xaneiro de 2015.
  3. legendsofhockey.net (ed.). "Sergei Makarov" (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2015.
  4. oilersheritage.com (ed.). "Wayne Gretzky-The Great One" (en inglés). Archived from the original on 02 de outubro de 2007. Consultado o 12 de xaneiro de 2015.
  5. Hockeydb.com (ed.). "Ed Belfour" (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2015.
  6. Dolezar, Jon (20 de abril de 2003). Sports Illustrated, ed. "Foppa shows the most Hart" (en inglés). Archived from the original on 05 de decembro de 2007. Consultado o 12 de xaneiro de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]