Xiraz
- Este artigo trata sobre unha cidade iraniana, para a variedade de uva véxase: Syrah.
Xiraz[1] (en persa: شیراز, Širâz), é a quinta cidade máis poboada de Irán[2] e é a capital da provincia de Fars. No 2009, a poboación da cidade era de 1.455.073. Xiraz está localizado no suroeste de Irán, a carón do río estacional Roodkhaneye Khoshk. Ten un clima moderado, e durante un máis dun milenio foi o centro comercial da rexión. Está considerada unha das cidades máis antigas de Persia.
A referencia máis antiga da cidade, como Tiraziš, aparece nunha táboas elamitas do -2000.[3] No século XIII, Xiraz converteuse nun centro das artes e das letras, debido ó apoio do seu gobernante e á presenza de estudosos e artistas persas. Foi a capital de Persia durante a dinastía Zand dende o 1750 ata 1781, así como no breve período saffarí. Dous famosos poetas de Irán, Hafez e Saadi, son de Xiraz.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en persa)