Copa Airlines
| Copa Airlines | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||
Compañía Panameña de Aviación, S.A., operando como Copa Airlines, é unha aeroliña baseada na Cidade de Panamá, Panamá, e que serve como aeroliña nacional do país. O seu principal centro de operacións está no Aeroporto Internacional de Tocumen, e no ano 2013 a aeroliña transportou 11,34 millóns de pasaxeiros nuns 325 voos regulares diarios a 69 destinos de 30 países de todo o continente americano. Copa é subsidiaria de Copa Holdings, S.A., ademais de membro da alianza Star Alliance. A compañía é tamén a principal operadora e dona da aeroliña colombiana AeroRepublica, actualmente coñecida como Copa Airlines Colombia.
Copa Airlines fundouse en 1947 como a aeroliña nacional de Panamá. Iniciou as súas operacións con voos domésticos a tres cidades do país usando Douglas DC-3. Copa Airlines entón abandonou os seus voos domésticos a favor dos internacionais. En 1998 Copa formou unha alianza estratéxica con Continental Airlines, substituíndo a súa librea e adoptando o programa de viaxeiro frecuente OnePass (substituído despois por MileagePlus). A aeroliña opera unha frota de 97 avións, a meirande parte deles Boeing 737 NG usados en case todos os voos internacionais e unha frota máis pequena de Embraer E-190 para voos rexionais.
Frota
[editar | editar a fonte]| Avión | En servizo | Pedidos | Motores | Pasaxeiros | Notas | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| J | Y | Total | |||||
| Boeing 737-700 | 17 | - | CFM56-7B22 | Os máis vellos serán substituídos por Boeing 737-800s. | |||
| Boeing 737-800 | 54 | 36 | CFM56-7B26 | 16 |
144 |
160 |
Entregas ao longo de 2018. |
| Embraer 190 | 26 | - | GE CF34-10E6 | ||||
| Total | 97 | 36 | |||||