Longa Marcha 4
| Longa Marcha 4 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
Longa Marcha 4 (Chang Zheng 4 en Pinyin, e normalmente referido abreviadamente como CZ-4) é unha subfamilia de foguetes espaciais operados pola República Popular da China pertencente á familia máis grande de foguetes Longa Marcha.[1][2]
Historia e características
[editar | editar a fonte]
O CZ-4 orixinal foi desenvolvido e é fabricado pola Academia de Shanghai de Tecnoloxía do Voo Espacial. As súas dúas primeiras etapas son basicamente as mesmas que as do Longa Marcha 3, mentres que a terceira é completamente nova. Usa dous tipos de cofia, A e B. A súa misión principal é enviar satélites a órbitas polares. A súa capacidade de carga típica é de 1650 kg a unha órbita heliosincrónica, e 4680 kg a unha órbita de 200 km de altura. Fixo o seu primeiro voo o 7 de setembro de 1988. Hai tres versións do Longa Marcha 4:[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Mark Wade (2018). "Chang Zheng 4" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2018.
- 1 2 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "CZ-4 (Chang Zheng-4)" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Longa Marcha 4 |