Rudaki
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 859 Panjrūd |
| Morte | 941 Panjrūd |
| Actividade | |
| Ocupación | poeta, escritor |
| Xénero artístico | Ruba'i (en) |
| Pseudónimo literario | رودکی |
| Descrito pola fonte | Library of the World's Best Literature Encyclopædia Britannica Enciclopedia soviética armenia, volume 10, (p.12) |
Abdullah Jafar Ibn Mohammad Rudaki (en taxico Абӯабдуллоҳ Ҷафар Ибн Муҳаммад Рӯдакӣ; en persa ابوعبدالله جعفربن محمدبن حکیمبن عبدالرحمنبن آدم رودکی), nado en Rudak (imperio Samánida) en 859 e finado no mesmo lugar arredor de 941, foi un poeta persa coñecido como Rudaki, Rudagi ou Rudhagi, primeiro grande autor da lingua persa moderna e considerado o fundador da literatura persa clásica.
A súa poesía contén moitos dos vellos xéneros da poesía persa, incluíndo o cuarteto,[1] mais só unha pequena porcentaxe da súa extensa obra sobreviviu.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Rudak, localidade de Transoxiana, actualmente rexión de Panjakent en Tadjiikistán. A maioría dos seus biógrafos din que era totalmente cego, aínda que non de nacemento. Foi o poeta da corte do emir samánida Nasr II (914-943) en Bukhara, mais crese que logo perdeu os seus favores e foi condenado á pena de cegueira por motivos relixiosos.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]
Rudaki escribiu en todos os estilos poéticos, aínda que a súa temática preferida era a bucólica: na súa obra prevalece a ledicia e o optimismo. Consíderase Kalila wa Dimna, da que só se conservan fragmentos, a súa obra máis destacada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sassan Tabatabai, "Father of Persian Verse: Rudaki and His Poetry", Amsterdam University Press, 15 de febreiro de 2011.
- ↑ "Omar Jayyam y su mundo". Rubaiyyat (en castelán). Introducción y traducción de Carlos Areán (5ª ed.). Madrid: Visor Libros. 2003. p. 39. ISBN 84-7522-125-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rudaki |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- E.G. Browne. Literary History of Persia. (Catro volumes, 2256 páxinas), 1998, ISBN 0-7007-0406-X
- Jan Rypka, History of Iranian Literature. Reidel Publishing Company, 1968, ISBN 90-277-0143-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Forensic sculpture of Rudaki by M.M. Gerasimov
- Rudaki, Abu Abd Allah, biografía por Iraj Bashri, University of Minnesota. (en inglés)
- Rudaki