War
| War | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| U2 | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
War é o terceiro álbum de estudio da banda irlandesa U2, editado o 28 de febreiro de 1983 a través do selo Island Records. É o primeiro traballo de U2 abertamente político, en parte grazas a cancións como "Sunday Bloody Sunday" e "New Year's Day", ademais de polo título do mesmo, que se deriva da percepción que tiña a banda do mundo naquel tempo.
Mentres que os teas centrais dos seus anteriores trabalos, Boy e October, centrábanse na adolescencia e a espiritualidade respectivamente[1], War centrouse nos aspectos físicos da guerra e nos efectos emocionais posteriores. Musicalmente tamén é máis duro que os discos anteriores. O álbum ten sido descrito como a gravación onde a banda "converteu o pacifismo nunha cruzada"[2].
War foi un éxito comercial, botando ao Thriller de Michael Jackson da cima da lista británica para converterse no primeiro número 1 de U2 no Reino Unido. Nos Estados Unidos acadou o número 12 e converteuse no primeiro álbum da banda con certificación de ouro. War recibiu críticas en xeral favorables, aínda que algúns xornalistas británicos criticárono. A banda promoveu o álbum coa xira War Tour ata finais de 1983. En 2008 lanzouse unha edición remasterizada do disco, e en 2012 foi colocado no posto 223 da lista de Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos.[3]
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por U2.
| Cara 1 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 1. | "Sunday Bloody Sunday" | 4:38 | |||||||
| 2. | "Seconds" | 3:09 | |||||||
| 3. | "New Year's Day" | 5:37 | |||||||
| 4. | "Like a Song..." | 4:48 | |||||||
| 5. | "Drowning Man" | 4:12 | |||||||
| Cara 2 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 1. | "The Refugee" (producida por Bill Whelan) | 3:40 | |||||||
| 2. | "Two Hearts Beat as One" | 4:00 | |||||||
| 3. | "Red Light" | 3:46 | |||||||
| 4. | "Surrender" | 5:34 | |||||||
| 5. | "40" | 2:36 | |||||||
| 42:03 | |||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Recensión de War na Rolling Stone (en inglés)
- ↑ Reynolds (2005), p. 367
- ↑ "500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). 2009-05-31. Consultado o 2024-08-30.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Reynolds, Simon (2005). Rip It Up and Start Again: Postpunk 1978–1984. Penguin Books. ISBN 0-14-303672-6.