Hindenburg O.S. (de) dende 1922ata 1946 Zabrze (Hindenburg O.S.) (de) dende 1920ata 1922 Hindenburg O.S. (de) dende 1918ata 1920 Hindenburg (de) dende 1915ata 1918 Zabrze (pl)
Zabrze [ˈzabʒɛ] (en alemán Hindenburg) é unha cidade de Polonia, do voivodato de Silesia na parte sur do país, sita a uns 150km ao sueste de Wrocław e arredor de 90km ao noroeste de Cracovia. É un importante centro industrial (mineiría, siderurxia e maquinaria). A súa poboación, en xuño de 2007, era de 189.656 habitantes.
En 1242, o nome de Zabrze é mencionado por vez primeira na documentación. Nos séculos seguintes a localidade pertencería ao Estado de Piast, a Bohemia, aos Habsburgo e mais a Prusia.
Até 1873 Zabrze foi un concello rural pertencente ao distrito de Opole, na provincia prusiana de Silesia; tornouse por aquela na cabeceira dunha comarca que levaba o seu nome, degallada da comarca de Beuthen. Logo da disolución da provincia en novembro de 1919, o distrito de Opole formou unha provincia diferenciada co nome de Alta Silesia. Entre 1915 e 1945, Zabrze, que pertencía a Alemaña, levou o nome de Hindenburg O.S. (é dicir, Oberschlesien ou Alta Silesia), en homenaxe ao mariscal Hindenburg, nome que aínda é utilizado pola minoría alemá de Polonia.
O 1 de outubro de 1922 o antigo concello rural de Hindenburg O.S. recibiu o rango de cidade, consonte as regras estabelecidas o 30 de maio de 1853 para as seis provincias orientais do reino de Prusia. O 1 de xaneiro de 1927 a comarca de Hindenburg O.S foi derrogada e o concello urbano de Hindenburg O.S. conformou co resto da comarca unha nova comarca urbana, aínda que sen incluír o concello rural de Sosnitza.
Zabrze: rúa Wolnosci.
O 1 de abril de 1938 as antigas provincias prusianas da Baixa e da Alta Silesia foron reunificadas de novo nunha soa provincia de Silesia, mais para volver á antiga división outra vez, o 18 de xaneiro de 1941. Hindenburg O.S., entre tanto, xa non pertenceu ao distrito d'Opole, senón ao de Katowice e pasou a formar parte de novo da Alta Silesia.
Na primavera de 1945, a cidade foi ocupada polo Exército Vermello e foi traspasada moi logo á administración polaca.