close
Saltar ao contido

Odesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Odesa
 Nome orixinal
    Одеса (uk)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Одеса (uk)  
Одесса (ru)  
Одэса (mdf)   Editar o valor en Wikidata
 Alcume
Одеса-мама (uk)  
Південна Пальміра (uk)  
Южная Пальмира (ru)  
Odesa-Mama (en)  
Одесса-мама (ru)  
Southern Palmira (en)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
odessiti (it)  
одесити (uk)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe satelital
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe
Fotomontaxe
 Parte de
 Epónimo
Odessos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Odesa Editar o valor en Wikidata
Gennadiy Trukhanov (pt) Traducir (2014 - )
Eduard Gurwits (pt) Traducir (2005 - 2010)
Oleksiy Kostusyev (pt) Traducir (2010 - 2013)
Rouslan Bodelan (pt) Traducir (1998 - 2005)
Eduard Gurwits (pt) Traducir (1994 - 1998)
Mykola Biloblotskyi (pt) Traducir (1998 - 1998)
Oleg Borisovich Brindak (en) Traducir (2013 - 2014) Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
século XV Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Historia
 Substitúe
Khadjibey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
Cidade Heróica da Ucrânia (pt) Traducir (6 de marzo de 2022)
Cidade heroica Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Continente
 Comparte fronteira con
Kryzhanivka (en) Traducir
Lymanka (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.010.326 (2010)
1.009.145 (2011)
1.008.162 (2012)
1.014.900 (2013)
1.017.000 (2014)
1.016.500 (2015)
1.010.800 (2016)
1.010.783 (2017) demographic balance (en) Traducir
1.011.494 (2018)
1.013.159 (2019)
1.017.699 (2020)
1.015.826 (2021)
1.010.537 (2022) demographic balance (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   236,9 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   40 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal65000–65480 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap1413934 Editar o valor en Wikidata
VIAF143720725 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ffmp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: omr.gov.ua Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Odesa[1] (en ruso: Одесса, en ucraíno: Одеса) é unha cidade costeira de Ucraína no Mar Negro. Ten o maior porto do país e é unha cidade de importancia rexional e cidade heroica dende o 1945. A cidade é a terceira do país en termos de poboación, despois de Kíiv e Khárkiv (1.014.563 de habitantes o 1 de abril de 2013).

No centro da cidade ten un importante conxunto de edificios da época clásica, ademais conta co monumento ao Duque de Richelieu, as Escaleiras Potemkin e os palacios Vorontsov, Potocki, Bzhozovskoho e Naryshkin.

Odesa é unha das cidades máis antigas de Ucraína.

Símbolos

[editar | editar a fonte]

Oficialmente os símbolos de Odesa aprobados son: un escudo, unha bandeira, un himno, o símbolo do alcalde, cuxa utilización é oficial para os carteis urbanos aprobados polo Concello. Ademais, a cidade ten un logotipo de turismo.

Logo de Odesa.

O escudo de armas é un escudo español vermello coa imaxe dunha áncora con catro patas brancas dentro. Este está enmarcado cun marco dourado decorativo e decorado arriba con tres torres. Baixo a torre está a estrela de ouro, que certifica o seu título de cidade heroica. O primeiro escudo foi aprobado o 22 de abril do ano 1798. A bandeira consiste nun pano rectangular dividido en tres franxas verticais, unha vermella, outra branca e a última amarela. No centro, na franxa branca está o escudo de armas. A última modificación da bandeira e do escudo de armas foi aprobada o 29 de abril do ano 2011.

O 5 de xuño de 2012, Artemy Lebedev publicou un libro chamado "Identidade de Odessa", no que, entre outras cousas, incluíu un logotipo de turismo , que finalmente foi adoptado como o "símbolo do turismo" da cidade de Odesa.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Odesa está situada na costa noroeste do Mar Negro, no centro do Óblast de Odesa. Gran parte da cidade está situada nunha chaira, a 50 metros sobre o nivel do mar. A altura mínima é de 4,2 m por baixo do nivel do mar e a altura máxima é de 65 m (monte Zhevakhov). A área da cidade chega a 162,42 km², a densidade de poboación é de 6.246,54 hab/km².

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]

Transporte Urbano

[editar | editar a fonte]

En Odesa, hai tranvía, trolebús, autobús urbano, servizo de taxi, funicular e barco e está planificado un light-rail .

Conexións de longa distancia

[editar | editar a fonte]

Nos arredores da cidade antiga está situada unha estación ferroviaria que ten as seguintes liñas: Odesa-San Petersburgo, Odesa-Cheliabinsk, Odesa-Bakú e Odesa-Berlín.

Nas aforas, a 7 km, esta o aeroporto internacional de Odesa que está ligado ás principais cidades de Europa, Asia, e Oriente Medio.

Ademais, a cidade ten varias estacións de autobuses.

Estación ferroviaria de Odesa

Estación ferroviaria de Odesa
    Referencias

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Outros artigos

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]
    • [ ]