Philippe Pétain
Aparencia
Henri-Philippe-Omer Pétain, nado en Cauchy-à-la-Tour o 24 de abril de 1856 e finado en Port-Joinville (Illa de Yeu) o 23 de xullo de 1951, foi un militar e estadista francés, mariscal de Francia en 1918.
Considerado un salvador de Francia durante a primeira guerra mundial, foi o xefe de Estado e do goberno colaboracionista de Vichy de 1940 a 1944, durante a ocupación nazi na segunda guerra mundial. Condenado a morte por traizón, a pena seríalle conmutada pola cadea perpetua por parte do xeneral Charles De Gaulle.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |