close
Saltar ao contido

Alice in Chains

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alice in Chains
 Nome oficial
   Alice in Chains (mul)   Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Discografía
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1987 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1987 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF156077397 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121916454 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0d945 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm2750498 Facebook: aliceinchains Twitter: AliceInChains Instagram: aliceinchains MySpace: aliceinchains Youtube: UCK9X9JACEsonjbqaewUtICA Souncloud: aliceinchainsofficial Spotify: 64tNsm6TnZe2zpcMVMOoHL Apple Music: 462221 Last fm: Alice+in+Chains Musicbrainz: 4bd95eea-b9f6-4d70-a36c-cfea77431553 Songkick: 496981 Discogs: 251846 Allmusic: mn0000007920 Deezer: 691 Genius: Alice-in-chains Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Alice in Chains (ás veces abreviado como AiC) é unha banda estadounidense de rock formada na cidade de Seattle en 1987. Desde o ano 2006, a formación da banda está composta polos vocalistas e guitarristas Jerry Cantrell e William DuVall, o baixista Mike Inez e o batería Sean Kinney. O vocalista Layne Staley e o baixista Mike Starr son antigos membros da banda. A miúdo asociado coa música grunge, o son e o estilo de Alice in Chains teñen as súas raíces no heavy metal. A banda é coñecida polo seu estilo vocal distintivo,[1] que a miúdo incluía as voces harmonizadas entre Staley e Cantrell[2] (e máis tarde Cantrell e DuVall).[3] Son unha das bandas de rock máis populares da década de 1990.

A formación orixinal de Alice in Chains estaba formada por Cantrell, Kinney, Staley e Starr. Tomaron o nome da banda anterior de Staley, Alice N' Chains. O grupo acadou a fama internacional como parte do movemento grunge de principios dos anos 90, xunto con outros conxuntos de Seattle como Nirvana, Pearl Jam e Soundgarden. Destacaron na MTV e na radio de rock convencional co sinxelo "Man in the Box" (do seu álbum debut de 1990, Facelift). Despois de lanzar o EP Sap a principios de 1992, a banda acadou un grande éxito comercial co seu seguinte álbum, Dirt, ese mesmo ano. Dirt contiña os populares sinxelos "Rooster" e "Would?", entre outros. Starr foi substituído no baixo por Inez a principios de 1993. Os dous discos seguintes, Jar of Flies de 1994 (que incluía os populares sinxelos "I Stay Away" e "No Excuses") e Alice in Chains de 1995 (que tamén contiña éxitos da radio como "Heaven Beside You" e "Grind") alcanzaron o primeiro posto da lista Billboard 200 dos Estados Unidos e conseguíronlle á banda varias candidaturas aos premios Grammy.

Alice in Chains sufriu unha longa etapa de inactividade a partir de 1996, debida en gran medida aos problemas de adicción de Staley, que levaron á súa morte en 2002 e provocaron que a banda entrase en hiato. Alice in Chains reuniuse de novo en 2005, con DuVall incorporándose en 2006 como guitarrista rítmico e compartindo as tarefas de voz principal; dende entón, a banda publicou tres álbums máis: Black Gives Way to Blue (2009), The Devil Put Dinosaurs Here (2013) e Rainier Fog (2018).

Nos Estados Unidos, Alice in Chains vendeu máis de 30 millóns de discos certificados pola RIAA. Tiveron 18 cancións entre as 10 mellores da lista Mainstream Rock Tracks da Billboard e cinco éxitos número 1, e recibiron 11 nomeamentos aos premios Grammy.[4][5] A banda foi incluída en numerosas listas dos mellores de todos os tempos, incluíndo o posto número 34 no especial "os 100 mellores artistas do hard rock" de VH1 e o número 15 na lista "as mellores bandas en directo" de Hit Parader.

Formación

[editar | editar a fonte]

Alice in Chains sobresaíu como unha das principais bandas da primeira metade da década dos 90 en Seattle. A banda foi formada en 1987, cando Layne Staley (vocalista) coñeceu Jerry Cantrell (guitarrista) no Music Bank, en Seattle. Antes diso, Staley xa tocaba con algúns amigos nunha banda chamada Alice N’ Chains, pero a partir do seu encontro con Cantrell a banda pasou a chamarse Alice in Chains e empezou a traballar en serio. Jerry trouxo para grupo ao baixista Mike Starr e ao batería Sean Kinney, e a banda comezou a tocar nos clubs e bares de Seattle.

En 1989, a banda asinou un contrato coa Columbia Records. En xuño do ano seguinte, lanzaron o EP We Die Young (que hoxe é moi difícil de atopar). O son da banda logo se caracterizou como un "hard-metal" de primeira, con sons que lembraban a Black Sabbath e a Metallica. Layne amosábase un letrista melancólico e sentimental. Xa en 1990, no verán, a banda lanzou o álbum Facelift e comezou a facer xiras ao lado de nomes como Megadeth, Iggy Pop e Van Halen. O disco comezou a ter éxito (gañaría o disco de ouro máis tarde) e a banda comezou a gañar prestixio. En maio de 1991, Alice in Chains participou do Clash of Titans, con Slayer, Megadeth e Anthrax.

En novembro de 1991, Alice in Chains gravou un EP chamado Sap, que é case todo acústico e posúe as participacións de Chris Cornell (Soundgarden) e Mark Arm (Mudhoney). Reza a lenda que o título do disco ven dun soño do batería Sean Kinney. Nese período, o grunge comeza a facerse notar, con bandas coma Soundgarden, Nirvana e Pearl Jam soando nas radios de todo o mundo.

Jerry Cantrell

En abril de 1992, a banda comezou a gravar o seu novo disco, con Dave Jerden na produción, e o 29 de setembro dese ano Dirt foi lanzado. A banda saíu de xira con Ozzy Osbourne durante tres meses e despois diso Mike Starr decidiu deixar a banda xa que non aguantaba facer máis xiras e que quería pasar máis tempo coa súa familia, sendo substituído por Mike Inez, que era baixista de Ozzy. Xa en 1993, a banda toca con Screaming Trees en Europa e participa no Lollapalooza, que tiña a Primus como atracción principal. No disco Dirt, as letras de Staley son bastante depresivas, con temas como morte e drogas. Ese disco gañaría tres discos de platino.

En setembro de 1993, a banda grava un mini-disco, chamado Jar of Flies, producido por Toby Wright e lanzado a comezos de 1994. É o primeiro EP da historia en chegar á cima da lista da revista Billboard.

Despois dalgún tempo fóra da escena, Staley aparece nun proxecto paralelo con Mike McCready (Pearl Jam), Barret Martin (Screaming Trees) e Baker Saunders (Lamont Cranston). Baixo o nome de Mad Season gravan un disco chamado Above, lanzado en marzo de 1995.

En abril de 1995, Alice in Chains entra no estudio Bad Animals, en Seattle, para a gravación dun novo disco, novamente coa produción de Toby Wright. O resultado é lanzado en novembro de 1995, e o álbum posúe como título o nome da banda (a pesar de que algúns o chamaron Tripod). Eles deciden non facer xira para divulgar o disco o que fai aparecer rumores de que a banda estaríase separando.

Pero en maio de 1996 Alice in Chains reúnese novamente para a gravación dun acústico especial para a MTV (que sería lanzado en vídeo e álbum no verán dese mesmo ano, novamente baixo a produción de Toby Wright), e despois volverían aos escenarios para ser os abreconcertos do inicio da xira do regreso de Kiss, a Kiss Alive 96/97 World Tour. Despois diso os membros de Alice in Chains mergullaríanse noutros proxectos, principalmente Jerry Cantrell.

O 29 de xuño de 1999 é lanzado un recompilatorio da banda, chamado Nothing Safe: The Best of the Box, cos principais éxitos da carreira de Alice in Chains e unha canción inédita. Ese lanzamento serviu de aperitivo para o que viría a continuación: a caixa Music Bank, lanzada en 1999, contendo rarezas, gravacións en vivo e demos que a banda gardou ao longo dos seus máis de dez anos de carreira.

2000 foi un ano con poucas novidades na carreira de Alice in Chains. A seu remate foi lanzado un novo recompilatorio, desta vez composto por gravacións en directo de tres das xiras da banda, chamado sinxelamente Live.

No ano seguinte un novo recompilatorio, desta vez chamado Best Of Alice In Chains. Ese novo disco é unha especie de reedición de Nothing Safe, lanzado dous anos antes, e non traía nada novo. O futuro seguía incerto e a banda permanece co status de "inactiva", a pesar de que oficialmente aínda existía. Os problemas de Layne Staley coas drogas continuaban, e moitos temían o peor.

Tras unha década loitando contra a súa adición, Layne Staley foi atopado morto no seu condominio en Seattle o 19 de abril de 2002. A autopsia e o informe de toxicoloxía do corpo de Staley revelaron que morrera por unha mestura de heroína e cocaína, coñecida como "speedball". A autopsia concluíu que Staley morrera o 5 de abril, dúas semanas antes de atoparse o seu corpo.[6] Cantrell dedicou o seu álbum en solitario de 2002, Degradation Trip, publicado dous meses despois da morte de Staley, á súa memoria. Mike Starr despois afirmou en Celebrity Rehab que foi a última persoa en ver a Staley vivo, e admitiu sentirse culpable por non chamar ao 911 despois de que Staley o advertise contra iso. "Gustaríame non ter estado colocado de benzodiacepinas [esa noite], non tería saído sinxelamente pola porta", dixo Starr.[7][8]

Tras a morte de Staley, Mike Inez uniuse a Heart e xirou e gravou coa banda dende 2002 ata 2006.[9] Jerry Cantrell colaborou con varios artistas como Heart, Ozzy Osbourne,[10] e Damageplan.[11] En 2004 Cantrell formou a banda Cardboard Vampyres xunto co guitarrista de The Cult Billy Duffy, o vocalista de Mötley Crüe e Ratt John Corabi, o baixista de The Cult Chris Wyse e o batería Josh Howser.[12]

O 22 de outubro de 2004, Sony BMG rematou o seu contrato con Alice in Chains, 15 anos despois de que a banda fichase polo selo.[13]

William DuVall, actual vocalista actuando coa banda. DuVall substituíu a Layne Staley despois da súa morte.

No ano 2005, a Sean Kinney ocorréuselle a idea de facer un concerto benéfico para as vítimas do tsunami que golpeou o sur de Asia de 2004. Kinney chamou aos seus antigos compañeiros de banda, así como a amigos do mundo da música como a antiga representante de Alice in Chains Susan Silver. Kinney viuse sorprendido pola resposta entusiasta á súa idea.[14] O 18 de febreiro do ano 2005, os membros de Alice in Chains reuníronse de novo nun escenario. Kinney, Inez e Cantrell uníronse a vocalistas coma Maynard James Keenan (Tool), Patrick Lachman (Damageplan), Wes Scantli (Puddle of Mudd) e Ann Wilson (Heart), para realizar o que se chamou K-Rock Tsunami Continued Care Relief Concert en Seattle. Este concerto deixou a porta aberta a unha posible reunión futura da banda.

Dita reunión concretouse o 20 de marzo de 2006 no programa "Decades Rock Live!" da VH1, dedicado á banda Heart. Nese programa tocaron os temas Would? con Phil Anselmo (cantante de Pantera e Down) e Rooster con William DuVall, cantante e guitarrista de Comes with the Fall, e Ann Wilson, vocalista de Heart. Despois disto, a banda fixo unha pequena xira por Europa e polos Estados Unidos, e un breve tour polo Xapón. Coincidindo coa xira, Sony publicou o recompilatorio The Essential Alice in Chains, un dobre disco con 28 temas. Para dita xira recrutouse ao vocalista William DuVall e ao baixista de Velvet Revolver, Duff McKagan, quen tocou a guitarra rítmica nalgunhas cancións.

A banda comezou a compoñer e gravar demos de temas novos para un álbum con DuVall en abril de 2007.[15] Pero o grupo non amosou grandes avances ata outubro de 2008, cando anunciaron que comezaran a gravar no estudio co produtor Nick Raskulinecz.[16]

Black Gives Way to Blue e morte de Mike Starr

[editar | editar a fonte]

Blabbermouth.net informou o 5 de setembro de 2008 que Alice in Chains entraría no estudio ese mes de outubro para comezar a gravar o seu novo álbum, que agardaban editalo o seguinte verán. O 14 de setembro a banda actuou no descanso do partido entre os Seattle Seahawks e os San Francisco 49ers no CenturyLink Field en Seattle. A actuación de 12 minutos para unha audiencia de 67 000 contou coa interpretación dunha versión do tema de Led Zeppelin "Kashmir" co acompañamento da Northwest Symphony Orchestra.[17]

En outubro de 2008, Alice in Chains comezou a gravar o seu cuarto álbum no Studio 606 dos Foo Fighters con Nick Raskulinecz.[16] Nese momento a banda non tiña discográfica e o disco foi financiado por Jerry Cantrell e Sean Kinney.[18] Nos Revolver Golden God Awards, Cantrell dixo que o grupo rematara de gravar o 18 de marzo de 2009, e que estaban mesturándoo para editalo en setembro. O proceso de gravación rematouse o día do 43 aniversario de Cantrell e o mesmo día do nacemento do fillo de William DuVall. En abril de 2009 informouse de que o novo álbum de Alice in Chains sería editado por Virgin/EMI, sendo o primeiro cambio de selo nos seus máis de 20 anos de carreira. Susan Silver, que comezou a traballar como representante da banda en 1988, pasou a co-representar Alice in Chains con David Benveniste e a súa firma Velvet Hammer.[19]

O 11 de xuño de 2009 revelouse que o próximo álbum da banda levaría o nome de Black Gives Way to Blue, e poríase á venda o 29 de setembro do 2009. O día 30 de xuño, un dos temas do novo disco, "A Looking in View", foi editada como primeiro sinxelo. O seu vídeo musical estreouse na páxina oficial da banda o 7 de xullo. O segundo sinxelo, "Check My Brain", puido escoitarse nas emisoras de radio o 14 de agosto, e estivo dispoñible nas tendas o día 17.

Para coincidir coa súa xira europea, Alice in Chains lanzou o seu seguinte sinxelo, "Your Decision", o 16 de novembro no Reino Unido e o 1 de decembro nos Estados Unidos.[20] O 26 de maio do 2010 Black Gives Way to Blue foi certificado ouro pola RIAA ao vender 500.000 copias. O cuarto sinxelo do álbum foi "Lesson Learned", que chegou ás emisoras a mediados de xuño.

Black Gives Way to Blue estreouse no número 5 da lista Billboard 200.[21] O 18 de maio de 2010 o álbum foi certificado ouro pola RIAA[22] por vender máis de 500 000 copias nos Estados Unidos.[23] Os sinxelos singles "Check My Brain" e "Your Decision" acadaron o número 1 da lista Mainstream Rock Tracks da Billboard, mentres que "Lesson Learned" chegou ao número 4.[24]

Xunto con Mastodon e Deftones, Alice in Chains xirou polos Estados Unidos e o Canadá a finais de 2010 na xira Blackdiamondskye, unha mestura dos últimos títulos de álbums das tres bandas (Black Gives Way to Blue, Diamond Eyes e Crack the Skye).[25]

O 8 de marzo de 2011 o ex baixista de Alice in Chains, Mike Starr, foi atopado morto na súa casa en Salt Lake City. A policía dixo a Reuters que foron chamados á casa de Starr ás 13:42 e atoparon o seu corpo; Starr tiña 44 anos. Posteriormente xurdiron informes de que o compañeiro de piso de Starr o vira mesturando metadona e medicamentos para a ansiedade horas antes de que fose atopado morto. Informes posteriores indicaron que a morte de Starr podería estar relacionada con dous tipos diferentes de antidepresivos que lle receitara o seu médico.[26][27][28] O 20 de marzo de 2011 celebrouse un homenaxe público por Starr na Fonte Internacional do Seattle Center.[29]

The Devil Put Dinosaurs Here

[editar | editar a fonte]

O 21 de marzo de 2011 Alice in Chains anunciou que estaban a traballar nun quinto álbum de estudio,[30][31] e tanto Cantrell como Inez declararon posteriormente que xa comezaran o proceso de gravación. Esperábase que o álbum estivese rematado no verán de 2012 e publicado a finais dese ano ou principios de 2013. Mentres Alice in Chains estaba compoñendo para o álbum en 2011, Cantrell someteuse a unha cirurxía no ombreiro dereito, o que atrasou a gravación do novo material. Nunha entrevista publicada en maio de 2012, Cantrell explicou: "O que me deixou paralizado é que tiña algúns esporóns óseos [e] problemas de cartilaxe nos ombreiros. Tiven o mesmo problema no outro ombreiro hai uns seis anos, así que xa me operaron os dous. É unha lesión por movementos repetitivos por tocar".[32] Cantrell non puido tocar a guitarra durante oito meses mentres se recuperaba da cirurxía.[33] Mentres se recuperaba na casa cunha estribeira, Cantrell escoitou un riff na súa cabeza e cantouno no seu teléfono.[34] O riff converteuse máis tarde na canción "Stone".[35]

Alice in Chains tocou o seu primeiro concerto en case 10 meses e o seu primeiro concerto despois da operación de ombreiro de Cantrell no Winstar Casino en Thackerville, Oklahoma, o 13 de agosto de 2011.[36] O único concerto da banda en 2012 foi un set acústico de cinco cancións o 31 de maio no oitavo concerto benéfico anual do fondo MusiCares MAP en homenaxe a Jerry Cantrell.[37]

O 4 de decembro de 2012 Cantrell confirmou que o novo álbum estaba rematado.[38] O primeiro sinxelo, "Hollow", estreouse en liña o 18 de decembro e estivo dispoñible para descarga dixital en xaneiro de 2013, xunto cun vídeo musical oficial.[39][40][41] O 13 de febreiro de 2013 Alice in Chains publicou en Facebook que o título do seu novo álbum sería un anagrama das letras H V L E N T P S U S D A H I E E O E D T I U R R.[42] ​​Ao día seguinte anunciaron que o álbum se chamaría The Devil Put Dinosaurs Here,[43] publicándose o 28 de maio de 2013,[44] e estreándose no número 2 da lista Billboard 200.[45]

Para promover o álbum, Alice in Chains uniuse a Funny or Die para un falso documental de 11 minutos titulado AIC 23, no que o profesor de estudos cinematográficos Alan Poole McLard (interpretado por W. Earl Brown) intenta facer un documental sobre Alice in Chains sen axuda da banda, entrevistando a outros músicos. Entre eles están o cantante de country Donnie 'Skeeter' Dollarhide Jr. (interpretado por Jerry Cantrell), o cantante de reggae Nesta Cleveland (interpretado por William DuVall), o músico de black metal Unta Gleeben Glabben Globben Globin (interpretado por Mike Inez) e o hipster Stanley Eisen (interpretado por Sean Kinney).[46] O vídeo foi lanzado o 3 de abril de 2013 e tamén inclúe cameos de Ann e Nancy Wilson de Heart, Mike McCready de Pearl Jam, Kim Thayil de Soundgarden, Duff McKagan de Guns N' Roses, Brent Hinds e Bill Kelliher de Mastodon, e Lars Ulrich e Robert Trujillo de Metallica.[47]

En xuño de 2013 a banda lanzou unha app dun xogo de pinball para iOS como parte da recompilación Pinball Rocks HD, que incluía o sinxelo "Hollow", o logotipo da banda e a carátula do álbum, así como referencias aos álbums anteriores do grupo, como Jar of Flies e o disco homónimo.[48]

A banda lanzou vídeos para as cancións "Hollow", "Stone", "Voices", "The Devil Put Dinosaurs Here" e "Phantom Limb".[49] "Hollow"[50] e "Stone" alcanzaron o número 1 na lista de Mainstream Rock Tracks de Billboard,[51] mentres que "Voices" chegou ao número 3,[52] e cada unha das tres cancións permaneceu na lista durante 20 semanas.[53] The Devil Put Dinosaurs Here foi nomeado a un premio Grammy á mellor produción de álbum non clásico en 2014.[54]

Alice in Chains realizou unha extensa xira polos Estados Unidos, Canadá e Europa en 2013 e 2014.[55][56][57] En maio de 2013 a banda foi cabeza de cartel do festival anual MMRBQ xunto con Soundgarden en Camden, Nova Jersey.[58] Cando lle preguntaron en setembro de 2013 se Alice in Chains faría outro álbum, Cantrell respondeu: "Aínda vai levar un tempo. Pasaron catro anos dende que lanzamos o último, pero polo menos non é o parón que houbo antes do anterior, así que está ben, uns tres ou catro anos".[59]

O 18 de xaneiro de 2015 Alice in Chains actuou no espectáculo do descanso do partido polo campionato da NFC entre os Seattle Seahawks e os Green Bay Packers no CenturyLink Field de Seattle.[60] Cantrell é fan dos Seahawks de toda a vida e asiste a miúdo aos seus partidos.[61] En agosto de 2015 o baixista Mike Inez dixo que a banda estivera "botando a rodar riffs para un novo disco" e "tomándoo con calma".[62] A banda estivo de xira no verán de 2015[63] e no verán de 2016, incluíndo concertos selectos como abreconcertos de Guns N' Roses como parte da xira Not in This Lifetime... Tour.[64] A banda rematou a súa xira de 2016 cun concerto no Grand Sierra Resort and Casino de Reno, Nevada, o 8 de outubro de 2016.[65]

En novembro de 2016 Alice in Chains lanzou unha versión da canción "Tears" de Rush,[66] que se incluíu no lanzamento do 40 aniversario do álbum 2112.[67] O vídeo caseiro Live Facelift lanzouse en vinilo por primeira vez o 25 de novembro de 2016, como parte do evento Black Friday do Record Store Day.[68] O álbum inclúe seis cancións e só se publicaron 5 000 copias.[69]

Para celebrar o décimo aniversario do Record Store Day, o 22 de abril de 2017, Legacy Recordings lanzou "Get Born Again"/"What the Hell Have I", un sinxelo especial dobre de 7" a 45 RPM con catro temas remasterizados e dispoñibles en vinilo por primeira vez: "What the Hell Have I", "A Little Bitter", "Get Born Again" e "Died".[70]

Rainier Fog

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2017 Mike Inez declarou nunha entrevista que a banda comezara a traballar nun novo álbum.[71] No mes de xuño dese ano informouse de que a banda volvería a Studio X (anteriormente Bad Animals Studios) en Seattle para gravar un novo álbum a finais dese mes, para un lanzamento provisional a principios de 2018. As sesións foron dirixidas por Nick Raskulinecz, quen producira os dous últimos discos da banda.[72] Studio X foi o estudio onde Alice in Chains gravara o seu álbum homónimo de 1995.[73] Segundo Inez, a banda non asinou con ningún selo, xa que completara o seu contrato anterior de dous discos con Universal Music Group. "Este [próximo álbum], non estamos seguros de onde vai aterrar... quero dicir, financiamos ['Black Gives Way To Blue'] pola nosa conta tamén, así que non estamos demasiado preocupados por iso. Só temos que sacárllelo a... un selo importante [con distribución mundial]".[73]

A banda comezou a gravar o seu sexto álbum de estudio o 12 de xuño de 2017.[74] O 11 de xaneiro de 2018 o produtor Nick Raskulinecz anunciou a través de Instagram que o álbum estaba case rematado e que só quedaba un día de gravación.[75] Durante unha entrevista con Guitar World publicada o 11 de abril de 2018, Jerry Cantrell dixo que o álbum fora gravado en catro estudios. Despois de gravar no Studio X en Seattle, a banda foi a Nashville para gravar as voces e as guitarras principais no estudio da casa de Nick Raskulinecz. Pero Cantrell tivo que tomarse un descanso inesperado do traballo durante un par de semanas despois de enfermar nunha viaxe a Cabo para o aniversario de Sammy Hagar. Cantrell fixo que o enxeñeiro da banda, Paul Figueroa, fose á súa casa e gravase alí moitas das súas voces e solos. A banda rematou a gravación do álbum nos Henson Recording Studios dos Ánxeles. Cantrell tamén dixo que esperaba que o disco se lanzase "probablemente nalgún momento deste verán".[76]

Na sala de prensa da cerimonia de ingreso no Salón da Fama do Rock and Roll o 14 de abril de 2018, Cantrell revelou que Alice in Chains acababa de asinar con BMG e que remataran as mesturas para o seu novo álbum.[77]

Alice in Chains non actuou en directo en 2017.[78] A banda deu o seu primeiro concerto dende outubro de 2016[65] no House of Blues de Boston o 28 de abril de 2018.[79] En maio de 2018 Alice in Chains foi cabeza de cartel nos festivais Carolina Rebellion,[80] Lunatic Luau,[81] Pointfest,[82] Northern Invasion,[83] o festival WMMR BBQ de Filadelfia[84] e o festival Rock on the Range de Columbus, Ohio, o 18 de maio de 2018, nos que renderon homenaxe a Chris Cornell no primeiro aniversario da súa morte, interpretando dúas cancións de Soundgarden para pechar o seu concerto, "Hunted Down" e "Boot Camp", respectivamente. Ao final do concerto, as luces do escenario mosatraron as letras "CC" (Chris Cornell) e "SG" (Soundgarden) mentres soaba a retroalimentación.[85][86] A banda comezou a súa xira europea en xuño de 2018,[87] e foi cabeza de cartel no Tons of Rock Festival en Noruega xunto con Ozzy Osbourne e Helloween.[88] Alice in Chains tamén foi cabeza de cartel do festival Pain in the Grass en agosto de 2018.[89]

A banda lanzou un novo sinxelo, "The One You Know", a través de Spotify, Amazon e iTunes o 3 de maio de 2018.[90] Un vídeo musical dirixido por Adam Mason foi lanzado en YouTube o mesmo día.[90][91] "The One You Know" alcanzou o posto número 9 na lista Mainstream Rock de Billboard.[92]

Durante unha entrevista con Eddie Trunk en Trunk Nation o 7 de maio de 2018, Jerry Cantrell dixo que o novo álbum sairía á venda a finais de agosto de 2018.[93] A banda tamén revelou que falaran co director Adam Mason, que estaba a facer unha película de ciencia ficción escura, sobre realizar dúas obras de arte separadas e quizais moldealas xuntas, e que o vídeo musical de "The One You Know" é o primeiro capítulo da unión da película de Mason e dos vídeos musicais da banda.[93]

O segundo sinxelo, “So Far Under”, foi publicado no canal de YouTube de Alice in Chains e nas plataformas de streaming o 27 de xuño de 2018.[94] Tamén se anunciou que o álbum se titularía Rainier Fog, cunha data de lanzamento prevista para o 24 de agosto de 2018.[94] A portada do álbum e a lista de cancións tamén foron reveladas ese mesmo día.[95] Jerry Cantrell contou a Rolling Stone que o título Rainier Fog estaba inspirado no monte Rainier, en Seattle, e que a canción que dá nome ao disco é unha homenaxe á escena musical da cidade. “Esta canción é unha pequena homenaxe a todo iso: de onde vimos, quen somos, todas as vitorias, todas as traxedias, vidas vividas”.[96]

O terceiro sinxelo do álbum, “Never Fade”, foi publicado o 10 de agosto de 2018 a través de servizos dixitais e de streaming.[97] A canción é unha homenaxe dedicada á avoa do vocalista William DuVall, a Chris Cornell e ao cantante orixinal de Alice in Chains, Layne Staley.[98] “Never Fade” alcanzou o número 10 na lista Mainstream Rock da Billboard.[99] Un videoclip dirixido por Adam Mason foi publicado o 1 de novembro de 2018 e continuaba a historia iniciada no vídeo de “The One You Know”.[100]

En xuño de 2018 William DuVall dixo nunha entrevista co sitio web sueco Rocksverige que o vídeo musical de "The One You Know" era o primeiro capítulo do que a banda esperaba que fosen imaxes para as dez cancións do álbum Rainier Fog e, ademais diso, sería unha peza complementaria á película que o director Adam Mason estaba a rodar.[101]

O 20 de agosto de 2018 o equipo de béisbol Seattle Mariners organizou unha "Noite Alice in Chains" especial no Safeco Field de Seattle para promover Rainier Fog, e o equipo ofreceu aos seareiros un paquete que incluía unha entrada para a terraza do club do Safeco Field, acceso a unha festa de escoita do álbum antes do partido, unha camiseta de Alice in Chains e un CD de Rainier Fog.[102] Jerry Cantrell tamén realizou o primeiro lanzamento cerimonial e realizou un strike antes do partido entre os Seattle Mariners e os Houston Astros.[103]

Para conmemorar o lanzamento do álbum, o 21 de agosto de 2018 Alice in Chains realizou unha actuación acústica na parte superior do Space Needle de Seattle e estreou a canción "Fly".[104] Alice in Chains foi a primeira banda en actuar no novo chan de cristal "Loupe" do Space Needle, o primeiro e único chan de cristal xiratorio do mundo a 150 metros de altura.[105] O concerto foi exclusivo para un público de subscritores de SiriusXM.[104] SiriusXM emitíuno na súa canle Lithium o 31 de agosto de 2018.[106]

O 22 de agosto de 2018 Alice in Chains enviou aos fans a unha busca do tesouro para acceder a un concerto secreto que a banda realizaría en Seattle o 24 de agosto. Dez copias en CD asinadas de Rainier Fog foron agochadas pola cidade como entrada para o concerto, e a banda pediu aos fans que estivesen atentos á súa historia de Instagram para obter detalles sobre os 10 lugares ocultos. Unha vez atopados os 10 álbums, a banda revelou que o concerto sería no club de rock The Crocodile, con entradas limitadas dispoñibles coa compra do seu álbum nun evento emerxente no mesmo lugar ao día seguinte.[107] Publicáronse vídeos de adianto de cada unha das cancións do álbum no Instagram da banda.[107]

Rainier Fog debutou no posto número 12 da lista Billboard 200, vendendo 31 000 copias (29 000 en vendas de álbums tradicionais) na súa primeira semana de lanzamento. O álbum tamén debutou no número 1 das listas de mellores álbums de rock, álbums alternativos e álbums de hard rock de Billboard,[108] e no número 3 da lista de álbums de vinilo.[109] Rainier Fog converteuse no primeiro top 10 de Alice in Chains no Reino Unido, alcanzando o posto número 9,[110] e encabezando a lista de álbums de rock e metal do Reino Unido.[111] O álbum foi nomeado a un premio Grammy ao mellor álbum de rock.[112]

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Facelift1990Columbia Records
Dirt1992Columbia Records
Alice in Chains1995Columbia Records
Black Gives Way to Blue2009Virgin/EMI
The Devil Put Dinosaurs Here2013Virgin/EMI
Rainier Fog2018BMG
ÁlbumAnoSelo
We Die Young1990Columbia Records
Sap1992Columbia Records
Jar of Flies1993Columbia Records
  1. Sola, David de (2012-04-05). "How Alice in Chains Found the Most Memorable Voice in Grunge". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2026-02-27.
  2. Lifton, Dave LiftonDave (2017-04-25). "Jerry Cantrell Recalls How Alice in Chains Developed Their Twin-Vocal Sound". Diffuser.fm (en inglés). Consultado o 2026-02-27.
  3. Condran, Ed. "Rock solid: Alice in Chains continues to pack a punch". themorningcall.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 2026-02-27.
  4. "Alice in Chains". Billboard (en inglés). Consultado o 2026-02-27.
  5. "Alice In Chains". grammy.com. Consultado o 2026-02-27.
  6. "Layne Staley Died From Mix Of Heroin, Cocaine, Report Says". MTV (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2022. Consultado o 2023-10-13.
  7. Greene, Andy (2011-03-09). "Alice In Chains Bassist Mike Starr Dies At 44". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2023-10-13.
  8. "Former Alice in Chains rocker Mike Starr dies". Reuters (en inglés). 2011-03-09. Consultado o 2023-10-13.
  9. "Ann and Nancy Wilson of Heart at Walk of Fame Star Ceremony". heart-music.com. 2015-09-20. Archived from the original on 20 de setembro de 2015. Consultado o 2023-10-13.
  10. Blabbermouth (2004-08-16). "Former ALICE IN CHAINS Guitarist Laying Down Tracks For New OZZY OSBOURNE Album". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). Consultado o 2023-10-13.
  11. "Jerry Cantrell To Jam With Alice In Chains Bandmates". MTV (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2023. Consultado o 2023-10-13.
  12. "Jerry Cantrell Forms New Band - Cardboard Vampyres". Glide Magazine (en inglés). 2004-06-23. Consultado o 2023-10-13.
  13. de Sola, David (August 4, 2015). Alice in Chains: The Untold Story. Thomas Dunne Books. pp. 323-324. ISBN 978-1250048073
  14. STOUT, By GENE (2005-02-18). "Kinney drums up enthusiastic response for tsunami benefit". Seattle Post-Intelligencer (en inglés). Consultado o 2023-10-13.
  15. "Alice In Chains Begins Writing New Material". Blabbermouth. Archived from the original on 30 de setembro de 2007. Consultado o 17 de setembro de 2018.
  16. 1 2 "Alice in Chains Working with Rush/Foo Fighters Producer". Blabbermouth. Archived from the original on 25 de maio de 2009. Consultado o 17 de setembro de 2018.
  17. Blabbermouth (2008-09-19). "ALICE IN CHAINS Performs LED ZEPPELIN's 'Kashmir' At Seattle's Qwest Field; Video Available". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). Consultado o 2023-10-14.
  18. "Alice in Chains". exclaim!. Consultado o 14 de outubro de 2023.
  19. "Alice In Chains Signs With Virgin/EMI". Blabbermout. Archived from the original on 27 de abril de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2023.
  20. "Alice In Chains To Release 'Your Decision' Single". Blabbermouth. Archived from the original on 15 de outubro de 2009. Consultado o 17 de setembro de 2018.
  21. "Barbra Streisand Surprises With Ninth No. 1 On Billboard 200". Billboard. Consultado o 17 de setembro de 2018.
  22. "American album certifications - Alice in Chains".". RIAA. Consultado o 17 de setembro de 2018.
  23. "Alice In Chains Strikes Gold With 'Black Gives Way To Blue'". Blabbermouth. Consultado o 17 de setembro de 2018.
  24. "Alice in Chains Chart History". Billboard. Consultado o 2019-05-09.
  25. "ALICE IN CHAINS Guitarist Talks 'BlackDiamondSkye' Tour". Blabbermouth (en inglés). 2010-08-01. Consultado o 2025-10-12.
  26. Quinn, Ben (2011-03-09). "Mike Starr, legendary Alice in Chains bass player, found dead". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-10-12.
  27. "Former Alice in Chains rocker Mike Starr dies". Reuters. Consultado o 12 de outubro de 2025.
  28. "Former 'Alice in Chains,' 'Celebrity Rehab' star dies in Salt Lake City". www.abc4.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2011. Consultado o 2025-10-12.
  29. Allison, Melissa (2011-03-20). "Memorial held for Alice in Chains bassist Mike Starr". The Seattle Times (en inglés). Consultado o 2025-10-12.
  30. "Metal Hammer". Louder (en inglés). 2025-12-27. Consultado o 2025-12-27.
  31. "BLABBERMOUTH.NET - ALICE IN CHAINS Is Working On New Music, Says HEART's ANN WILSON". www.roadrunnerrecords.com. Consultado o 2025-12-27.
  32. "Lessons Learned With Jerry Cantrell". grammy.com. Consultado o 2025-12-27.
  33. "Jerry Cantrell takes over the KLOS airwaves with Melissa Maxx PT1". 2014-11-12. Consultado o 2025-12-27.
  34. Tisha Clark (2015-06-06). "Jerry Cantrell humming Stone's melody". Consultado o 2025-12-27.
  35. "Through the good and the bad, Alice in Chains unbroken". Los Angeles Times (en inglés). 2013-05-29. Consultado o 2025-12-27.
  36. "ALICE IN CHAINS Ends 10-Month Break From Stage". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2011-08-22. Consultado o 2025-12-27.
  37. "Alice in Chains' Jerry Cantrell Honored with Stevie Ray Vaughan Award". Rolling Stone. Consultado o 2025-12-27.
  38. "BLABBERMOUTH.NET - Guitarist Confirms Completion Of New ALICE IN CHAINS Album". blabbermouth.net. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2012. Consultado o 2025-12-27.
  39. "Alice in Chains has issued the following update". Blabbermouth. Archived from the original on 21 de febreiro de 2013. Consultado o 27 de decembro de 2025.
  40. "Alice in Chains Unleash New Single 'Hollow'". Loudwire (en inglés). 2012-12-18. Consultado o 2025-12-27.
  41. "Alice In Chains Working On "Hollow" Music Video". Theprp.com (en inglés). 2012-12-21. Consultado o 2025-12-27.
  42. "Alice in Chains on Facebook". ghostarchive.org. Consultado o 2025-12-27.
  43. "BLABBERMOUTH.NET - ALICE IN CHAINS: New Album Title Revealed". www.blabbermouth.net. Consultado o 2025-12-27.
  44. "Alice in Chains Release New Album, The Devil Put Dinosaurs Here, and Video Teaser". www.revolvermag.com. Consultado o 2025-12-27.
  45. "Alice in Chains". Billboard (en inglés). Consultado o 2025-12-27.
  46. "Alice in Chains Team With Funny or Die for Hilarious 'AIC 23′ Mockumentary". Loudwire (en inglés). 2013-04-03. Consultado o 2025-12-27.
  47. "Alice in Chains Twenty-Three" (en inglés). Consultado o 2025-12-27.
  48. McGovern, Kyle (2013-06-13). "Ball in the Box: Alice in Chains Brand Their Own Mobile Pinball Game". SPIN (en inglés). Consultado o 2026-01-02.
  49. Blabbermouth (2014-05-19). "ALICE IN CHAINS Taps Director ROBOSHOBO For 'Phantom Limb' Video". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). Consultado o 2026-01-02.
  50. "Mainstream Rock Airplay". Billboard (en inglés). 2013-11-28. Consultado o 2026-01-02.
  51. "Chart Moves: Cassadee Pope Debuts On Hot 100, Hot Country Songs; Alicia Keys Reaches Adult R&B Milestone; The Lone Bellow Adds Airplay". Billboard (en inglés). Consultado o 2026-01-02.
  52. "Mainstream Rock Airplay". Billboard (en inglés). 2013-11-28. Consultado o 2026-01-02.
  53. "Alice in Chains". Billboard (en inglés). Consultado o 2026-01-02.
  54. "Grammys 2014: The complete list of nominees and winners". Los Angeles Times (en inglés). 2013-12-07. Consultado o 2026-01-02.
  55. Young, Alex (2013-01-14). "Alice in Chains announce 2013 tour dates". Consequence (en inglés). Consultado o 2026-01-02.
  56. Rutherford, Kevin (2014-01-29). "Alice in Chains Announces 21-Date Spring Tour". Billboard (en inglés). Consultado o 2026-01-02.
  57. "Alice in Chains Add August Dates to 2014 North American Tour". Loudwire (en inglés). 2014-04-21. Consultado o 2026-01-02.
  58. Schoof, Dustin (2013-01-18). "Soundgarden and Alice in Chains to headline 2013 WMMRBQ in Camden". lehighvalleylive (en inglés). Consultado o 2026-01-02.
  59. "Alice in Chains: 'It Will Be a While Before the New Album'". www.ultimate-guitar.com (en inglés). Consultado o 2026-01-02.
  60. "Alice in Chains to perform at halftime of NFC Championship game Sunday". The Seattle Times. Consultado o 2026-01-02.
  61. "Alice in Chains to rock CenturyLink Field at halftime on Sunday". www.seahawks.com (en inglés). Consultado o 2026-01-02.
  62. "Alice in Chains Are Working on New Album". www.ultimate-guitar.com (en inglés). Consultado o 2026-01-02.
  63. "ALICE IN CHAINS Announces U.S. Tour". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2015-03-09. Consultado o 2026-01-02.
  64. "Alice in Chains Reveal Second Leg of 2016 U.S. Tour". Loudwire (en inglés). 2016-06-06. Consultado o 2026-01-02.
  65. 1 2 Tuckness, John (2016-10-17). "PHOTO GALLERY: Alice In Chains Plays Final Show of 2016 Tour in Reno". This Is Reno (en inglés). Consultado o 2026-01-02.
  66. Barkan, Jonathan (2016-11-18). "Alice in Chains Just Dropped a Cover of Rush’s ‘Tears’". Bloody Disgusting! (en inglés). Consultado o 2026-01-09.
  67. "2112 40th". Rush.com (en inglés). Consultado o 2026-01-09.
  68. "Alice in Chains, Prophets of Rage, The Raconteurs & More Releasing Exclusive Vinyl for Record Store Day Black Friday - Music News - ABC News Radio". ABC News Radio (en inglés). Consultado o 2026-01-09.
  69. "RSDBF '16 Special Release: Alice In Chains - Live---Facelift" (en inglés). Consultado o 2026-01-09.
  70. "ALICE IN CHAINS: Double 7" Single To Be Made Available For 'Record Store Day'". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2017-03-22. Consultado o 2026-01-09.
  71. "ALICE IN CHAINS Is Working On Follow-Up To 'The Devil Put Dinosaurs Here'". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2017-01-24. Consultado o 2026-01-09.
  72. "ALICE IN CHAINS To Re-Team With Producer NICK RASKULINECZ For New Album". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2017-06-06. Consultado o 2026-01-09.
  73. 1 2 "ALICE IN CHAINS To Re-Team With Producer NICK RASKULINECZ For New Album". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2017-06-06. Consultado o 2026-01-09.
  74. "William DuVall (@williamduvallofficial) on Instagram". ghostarchive.org. Consultado o 2026-01-09.
  75. "Big News From Alice in Chains: New Album Almost Wrapped Up!". www.ultimate-guitar.com (en inglés). Consultado o 2026-01-09.
  76. Bienstock, Richard (2018-04-11). "Jerry Cantrell Offers More Details on Alice in Chains' New Album". Guitar World (en inglés). Consultado o 2026-01-09.
  77. "Alice In Chains' Jerry Cantrell remembers Chris Cornell". 2018-04-14. Consultado o 2026-02-26.
  78. "Alice In Chains announces first live date since October 2016". KSHE 95 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2017. Consultado o 2026-02-26.
  79. "Wayback Machine". www.livenation.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2018. Consultado o 2026-02-26.
  80. "Carolina Rebellion 2018". WKNC 88.1 FM - North Carolina State University Student Radio (en inglés). 2018-05-17. Consultado o 2026-02-26.
  81. "ALICE IN CHAINS Announce Summer Headline Tour; Band Wrapping Up Work On New Album". BraveWords - Where Music Lives (en inglés). 2018-03-12. Consultado o 2026-02-26.
  82. Derrick, Sean (2018-02-17). "Alice In Chains And Shinedown Headline Pointfest May 12". Midwest Rewind (en inglés). Consultado o 2026-02-26.
  83. "Tool, Avenged Sevenfold, and Alice In Chains Headline The Northern Invasion Festival This Summer". Alternative Revolt (en inglés). 2017-12-11. Consultado o 2026-02-26.
  84. "MMR*B*Q 2018". 93.3 WMMR (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2018. Consultado o 2026-02-26.
  85. Ives, Brian IvesBrian (2018-05-19). "Watch Alice in Chains Cover Soundgarden at Rock on the Range". Loudwire (en inglés). Consultado o 2026-02-26.
  86. "Columbus, OH - May 18th". Tumblr. Consultado o 2026-02-26.
  87. Melendez, Monique (2018-03-12). "Alice in Chains Announce Summer Tour Dates". SPIN (en inglés). Consultado o 2026-02-26.
  88. Khatry, Sudipti (2017-11-12). "Tons Of Rock Festival Announces 2018 Lineup Featuring Ozzy Osbourne, Alice In Chains and At The Gates -". mxdwn Music (en inglés). Consultado o 2026-02-26.
  89. "KISW announces massive Pain In The Grass Lineup featuring Alice In Chains, The Cult, Slayer and many more". NorthWest Music Scene (en inglés). 2018-04-03. Consultado o 2026-02-26.
  90. 1 2 "Alice In Chains Premiere "The One You Know" Music Video (Updated)". Theprp.com (en inglés). 2018-05-04. Consultado o 2026-03-21.
  91. Daramola, Israel (2018-05-04). "Alice In Chains "The One You Know" Video". SPIN (en inglés). Consultado o 2026-03-21.
  92. "Alice in Chains". Billboard (en inglés). Consultado o 2026-03-21.
  93. 1 2 "Alice In Chains Full Interview With Eddie Trunk on New Song, Music Videos and New Album Rainier Fog". 2018-05-30. Consultado o 2026-03-21.
  94. 1 2 "Alice In Chains Announce New Album, Debut New Track". Kerrang! (en inglés). 2018-06-27. Consultado o 2026-03-26.
  95. "ALICE IN CHAINS To Release 'Rainier Fog' Album In August; Listen To New Song 'So Far Under'". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2018-06-27. Consultado o 2026-03-26.
  96. "Alice in Chains Talk Honoring Seattle Comrades on Upcoming Album". Rolling Stone. Consultado o 2026-03-26.
  97. "Listen To New ALICE IN CHAINS Song 'Never Fade'". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2018-08-10. Consultado o 2026-03-26.
  98. "New ALICE IN CHAINS Song 'Never Fade' Was Inspired By LAYNE STALEY And CHRIS CORNELL". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2018-08-24. Consultado o 2026-03-26.
  99. "Alice in Chains". Billboard (en inglés). Consultado o 2026-03-26.
  100. Reed, Ryan (2018-11-01). "Watch Alice in Chains' Sinister, Sci-Fi 'Never Fade' Video". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2026-03-26.
  101. "INTERVJU: William Duvall och Mike Inez från Alice In Chains – Rocksverige". rocksverige.se (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2018. Consultado o 2026-03-29.
  102. "Seattle Mariners to Host 'Alice in Chains Night' on August 20". Loudwire (en inglés). 2018-08-02. Consultado o 2026-03-29.
  103. Chapstick, Kelsey. "See Alice in Chains' Jerry Cantrell Throw First Pitch at Seattle Mariners Game". Revolver (en inglés). Consultado o 2026-03-29.
  104. 1 2 Bienstock, Richard (2018-08-22). "Watch Alice in Chains Perform New Song "Fly" Atop Seattle's Iconic Space Needle". Guitar World (en inglés). Consultado o 2026-03-29.
  105. Mackay, Rob (2018-08-21). "VIDEO: Alice in Chains performs atop the Space Needle". FOX 13 Seattle (en inglés). Consultado o 2026-03-29.
  106. Carter, Caitlin. "Hear Alice in Chains' historic performance atop Seattle's Space Needle". SiriusXM (en inglés). Consultado o 2026-03-29.
  107. 1 2 "Alice In Chains Sent Fans on a Scavenger Hunt to Access Secret Gig". ALT 92.9 Boston (en inglés). 2018-08-23. Consultado o 2026-03-29.
  108. Rutherford, Kevin (2018-09-06). "Alice in Chains’ ‘Rainier Fog’ Blows in at No. 1 on Rock, Alternative & Hard Rock Album Charts". Billboard (en inglés). Consultado o 2026-04-08.
  109. "US: Alice In Chains debut atop US charts with new album Rainier Fog". BMG (en inglés). 2018-09-04. Consultado o 2026-04-08.
  110. "Alice In Chains Have Best Chart Debut With New Album". www.antimusic.com (en inglés). Consultado o 2026-04-08.
  111. "Official Rock & Metal Albums Chart on 31/8/2018". Official Charts (en inglés). Consultado o 2026-04-08.
  112. Bienstock, Richard (2018-12-07). "Alice in Chains, Greta Van Fleet, Ghost Among Grammy Nominees". Guitar World (en inglés). Consultado o 2026-04-08.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]