Anco Marcio
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 675 a. C. valor descoñecido |
| Morte | 616 a. C. Roma |
| 640 a. C. – 616 a. C. ← Tulio Hostilio – Lucio Tarquinio Prisco → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período | Primeiro Reino Romano |
| Familia | |
| Pais | Numa Marcius |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Leksikon Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
| Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Rómulo | 753 a. C. - 716 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Numa Pompilio | 715 a. C. - 674 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tulio Hostilio | 673 a. C. - 642 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Anco Marcio | 642 a. C. - 617 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tarquinio Prisco | 616 a. C. - 579 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Servio Tulio | 578 a. C. - 535 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tarquinio o Soberbio | 535 a. C. - 510 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anco Marcio (642-617 a.C.) foi o cuarto rei da Roma primitiva, sucesor de Tulo Hostilio e predecesor de Lucio Tarquinio Prisco.
Tras a misteriosa morte de Tulio, os romanos elixiron a Anco Marcio, un personaxe pacífico e relixioso, para que os gobernase como novo rei. Era neto de Numa Pompilio e, como o seu avó, apenas estendeu os límites de Roma, loitando tan só en defensa dos territorios romanos cando foi preciso. Foi quen construíu a primeira prisión romana no outeiro do Capitolio.
Durante o seu reinado se fortificou o Xanículo, na ribeira occidental do río Tíber, para así fornecer maior protección á cidade por ese flanco, construíndose tamén a primeira ponte sobre o río. Outras das obras do rei foi a construción do porto romano de Ostia na costa do Tirreno, así como as primeiras factorías de salgado. O tamaño da cidade incrementouse grazas á diplomacia exercida por Anco, que permitiu a unión pacífica de varias aldeas menores en alianza con Roma. Grazas a este método, conseguiu o control dos latinos, realoxándoos no Aventino, e consolidando así a clase plebea de Roma.
Tras 25 anos de reinado morreu posiblemente de morte natural, coma o seu avó, sendo lembrado como un dos grandes pontífices de Roma. Foi o último dos reis latino-sabinos de Roma.