close
Saltar ao contido

Eaux-Bonnes

Eaux-Bonnes
 Nome orixinal
   Eaux-Bonnes (fr)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Eaux-Bonnes (fr)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Historia
 Substitúe
Localización
 Situado en
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
215 (2023)
340 (2013)
341 (2015)
295 (2016)
243 (2017)
194 (2018)
193 (2019)
191 (2020)
190 (2021)
203 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   109 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   134 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   38,52 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
Códigos e identificadores
Código postal64440 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap2092350 Editar o valor en Wikidata
VIAF201254041 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/08x4kx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Teléfono
+33-5-59-05-32-69 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Wikidata C:Commons

Eaux-Bonnes (fr.) ou Aigas Bonas (oc., non oficial) é o nome dun concello occitano situado na aba norte dos Pireneos, pertencente ao departamento francés de Pireneos Atlánticos e localizado na rexión de Aquitania.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situado no val de Aussau, o concello ten catro lugares ben separados: Aigas Bonas, Aas, Assouste e a estación de esquí de Goreta. A altitude media do concello é de 750 m, pero os picos pirenaicos situados nel acadan os 2.619 m sobre o nivel do mar. A poboación estábel dos catro lugares era de 435 habitantes en 1999, sobre unha extensión total de=38,52 km².

Está atravesado polo regato Valentin, e por cinco regatos máis que lle son afluentes. O Valentin é afluente do río Aussau, que é o que lle dá nome ao val. As augas do Valentín deron lugar a unha estación termal, e tamén a espectaculares fervenzas que son unha das principais atraccións turísticas do lugar en verán.

Se ben teñen aparecido restos arqueolóxicos que auntan a un poboamento neolítico e da Idade de bronce, non existe ningunha testemuña escrita da ocupación ata o século XVI. Os romanos, que coñecían o aproveitamento dos recursos termais, aínda que ocuparon o val non explotaron o termalismo. A primeira referencia aos mananciais, situados entre os lugares de Aas e Assouste, remonta a 1462, pero a primeira mención a un poboamento aparece coa orde de construción dun hospital militar, dada polo rei Francisco I de Francia, co obxectivo de atender aos bearneses feridos na batalla de Pavia, en 1525.

Un século máis tarde, en 1648, testemúñase a primeira referencia ao turismo termal, coa condesa de Arcenis tomando os baños en Aigas Bonas, se ben ata o remate do século XVIII e o XIX non coñece un verdadeiro desenvolvemento. A partir de 1830 reconstrúese o antigo balneario, e a cidade vive unha época de expansión. En 1855, o escritor Hippolyte Taine visita o balneario, ao que lle dedica varias páxinas na súa Voyage aux eaux des Pyrénées. A época de expansión da vila complétase co comezo, en 1861, das obras do hospital militar, que inaugura a emperatriz Uxía, grande mecenas da vila. Nese mesmo ano a casa do concello pasa de Aas a Aigas Bonas, co que muda tamén o nome do concello e perde o dato curioso de ser o primeiro concello de Francia por orde alfabética, que pasa a ser o de Aast.

En 1930 constrúese o primeiro edificio dedicado aos deportes de inverno. A segunda guerra mundial porén dálle a Aigas Bonas unha función de prisión, e os seus hoteis baleiros son aproveitados polo exército da Alemaña nazi para reter republicanos españois, e xudeus en camiño cara ao campo de concentración de Gurs. Durante o século XX, o termalismo entra en crise, da que só se recuperará nos seus últimos anos e comezos do século XXI cun rexurdimento desta clase de terapias asociadas ao turismo verde.

Cultura e turismo termal

[editar | editar a fonte]
O casino

O turismo termal promoveu a construción de diversos chalés e vilas no século XIX, que acollían unha clientela de gran capacidade económica. Malia que o esgrevio do terreo non permitiu a súa difusión na medida en que si o fixo noutras cidades balneario, cóntanse na cidade algúns interesantes exemplos, como a Vila Bellevue, a Vila Cockade (construída en 1937 polo escritor inglés Dornford Yates, ou o Casino, comezado en 1873. Ao mesmo tempo desenvolvéronse hoteis, dos que o máis importante é o Hôtel des Princes (hotel dos príncipes), construído en 1860 e na actualidade de propiedade municipal.

Dos nove mananciais existentes, na actualidade só dous están baixo explotación: a Source Vieille (a fonte vella) deita a auga a 44 °C e a Source Froide (a fonte fría) faino a 13 °C. As augas están indicadas para as vías respiratorias, o reumatismo e as secuelas de traumatismos osteoarticulares. Entre os turistas que visitaron Aigas Bonas para recibir tratamento termal contáronse: Henrique IV de Francia; María Tareixa Carlota, duquesa de Angoulême, filla de Lois XVI de Francia; Sarah Bernardt; Lois Bonaparte; a emperatriz Uxía; George Sand; o pintor Eugène Delacroix; Gustave Flaubert; Frederico Guillerme IV de Prusia; o político Jules Grévy, presidente da Terceira República Francesa; a emperatriz Xosefina; Michel de Montaigne; o presidente de Francia Adolphe Thiers; o escritor inglés Dornford Yates; ou o mariscal Pétain.

A tradición dos deportes de inverno comeza en Aigas Bonas o 15 de febreiro de 1908 cando comeza nela o primeiro concurso internacional de esquí dos Pireneos, que se celebra ao ano seguinte, 1909, coa presenza de Afonso XIII de España. Porén, o primeiro edificio de acollida hostaleira dedicado aos deportistas é de 1930. As instalacións de neve concéntranse na estación de esquí de Goreta.

Entre os edificios relixiosos, o máis importante é a igrexiña de Assouste, do século XII, cunha bóveda que está considerada monumento histórico polo estado francés.