close
Saltar ao contido

Hubei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hubei
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
湖北省 (zh) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
湖北省 (zh-cn)
湖北省 (zh) Editar o valor en Wikidata
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Li Dianxun (en) Traducir (2025 - )
Wang Xiaodong (en) Traducir (2016 - 2021)
Wang Zhonglin (en) Traducir (2021 - 2025) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
Historia
 Substitúe
湖北省 (1911 (Xuliano) - 1949) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   57.752.557 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   185.900 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
    Shennong Peak (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+08:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap913106 Editar o valor en Wikidata
VIAF147752703 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0lbl6 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC173822 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX4800357
Wikidata G:Commons C:Commons

Hubei é unha provincia da República Popular da China.

Información xeral

[editar | editar a fonte]

Hubei [xǔpèi] (?·i) ju-béi en chinés, 湖北; pinyin, Húběi; transcrición antiga, Hupei ou Hupeh lit. norte do lago Dongting) é unha das vinte e dúas provincias da República Popular China.​ A súa capital e cidade máis poboada é Wuhan.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está situada na rexión Sur-central limitando ao norte con Henan, ao leste con Anhui, ao sur con Jiangxi e Hunan, ao oeste con Chongqing e ao noroeste con Shaanxi.​ Ten unha extensión de 187 400 km².

Á parte da capital, Huangshi é outra das cidades industriais que se atopa na provincia. O nome Hubei​ significa norte do lago, facendo referencia á súa posición ao norte do lago Dongting.

Un dos principais diques da presa das Tres Gargantas, cuxa construción se iniciou en 1993, está situada na cidade de Yichang, ao oeste da provincia, o que provocou un importante movemento migratorio de habitantes desa zona cara a outras partes da rexión.

A súa xeografía é moi variada: desde altas montañas como o pico Shennongding de 3.105 metros de altura a profundos vales. O clima é monzónico subtropical con temperaturas que no verán poden superar os 40 °C. Os habitantes proceden de 50 etnias diferentes, aínda que a predominante é hana.

Economía

[editar | editar a fonte]

Hubei é coñecida como a terra do arroz e do peixe xa que estes dous produtos son a base da súa economía. Outros cultivos destacados na provincia son o do , algodón e trigo. Posúe industrias metalúrxicas, automobilísticas, de maquinaria e téxtiles. Os principais recursos mineiros da rexión son o bórax, ferro, fósforo, cobre, ouro e manganeso.