No século V, os goidélicos ou gaélicos, procedentes de Irlanda invaden a illa, traendo a súa lingua céltica, que, cos séculos, evolucionaría ata se converter na actual lingua manx, a cal tamén ten préstamos nórdicos, froito das sucesivas invasións viquingas: primeiro no século IX e logo unha segunda invasión viquinga procedente de Irlanda no século XI. A illa mantívose baixo dominación norueguesa ata a segunda metade do século XIII.
O illamento da illa e a súa dependencia da coroa inglesa (logo británica) a partir do século XIV fixeron que o manx adoptase unha grafía baseada no inglés e non noutros idiomas celtas.
A poboación conservou o seu idioma ata o século XVII, comezando a declinar no século XVIII[4] cando comezou a súa decadencia. En 1831 falábao regularmente o 30% da poboación; en 1901 só o falaban 970 persoas e o último falante nativo de manx, Ned Maddrell, morreu o 27 de decembro de 1974[5] á idade de 97 anos.
Hoxe en día, o manx sobrevive grazas a un pequeno número de persoas que o aprenderon como segunda lingua e que intentan potencialo fronte ao inglés, a súa lingua materna. En 2001 un 2.2% da poboación da Illa de Man, 1.689 de 76.315 habitantes, aseguraba poder desenvolverse en manés, aínda que en graos diversos. Non foi até 2003 cando o goberno pasou a introducilo oficialmente na escola. Actualmente, o manés é segunda lingua nas escolas primarias e secundarias, na universidade da Illa e no centro de estudos de manés. Alén diso, unha escola privada, o Bunscoill Ghaelgagh, ten o manés como lingua principal. Ademais, xa hai dúas ducias de rapazas e rapaces que teñen o manés como lingua materna.
A lingua manx é unha lingua goidélica, estreitamente relacionada coa lingua irlandesa e a lingua gaélico escocesa. En xeral non son mútuamente intelixibles entre elas, aínda que os falantes das tres linguas encontran doado acadar competencia pasiva nas respectivas linguas e mesmo a falalas.
Ao igual que o gaélico escocés e o irlandés moderno, a lingua manx deriva de formas antigas do irlandés. A lingua máis antiga coñecida na Illa de Man foi unha forma da lingua británica.
↑R. L. Thomson The History of the Celtics Languages in the British Isles en Peter Trudgill Language in the British Isles. CUP Archive, 1984, páxina 257
Macbain, Alexander (1911). An Etymological Dictionary of the Gaelic Language (2nd ed.). Stirling: E. Mackay. Reprinted 1998, New York: Hippocrene. ISBN0-7818-0632-1.
Mhac an Fhailigh, Éamonn (1968). The Irish of Erris, Co. Mayo. Dublin Institute for Advanced Studies. ISBN0-901282-02-2.
Ó Baoill, Colm (1978). Contributions to a Comparative Study of Ulster Irish and Scottish Gaelic. Institute of Irish Studies, Queen's University of Belfast.
O'Rahilly, Thomas F. (1932). Irish Dialects Past and Present. Dublin: Browne and Nolan. Reprinted 1976, 1988 by the Dublin Institute for Advanced Studies. ISBN0-901282-55-3.
Ó Cuív, Brian (1944). The Irish of West Muskerry, Co. Cork. Dublin Institute for Advanced Studies. ISBN0-901282-52-9.
Ó Sé, Diarmuid (2000). Gaeilge Chorca Dhuibhne(en irlandés). Dublin: Institiúid Teangeolaíochta Éireann. ISBN0-946452-97-0.