close
Saltar ao contido

Martin Parr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMartin Parr

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de maio de 1952 Editar o valor en Wikidata
Epsom Editar o valor en Wikidata
Morte6 de decembro de 2025 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Bristol Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemyeloproliferative neoplasm (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Metropolitana de Manchester
Universidade do Ulster
Surbiton County Grammar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía, fotografia documental (pt) Traducir e periodismo fotográfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfotógrafo, director de fotografía, actor, realizador, fotoxornalista, cartófilo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Magnum Photos (1994–) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPeriodismo fotográfico, retrato, arte de xénero e fotografia documental (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoArte contemporánea Editar o valor en Wikidata
RepresentanteGalerie Mennour (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmartinparr.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1502440 Twitter: ParrStudio Instagram: martinparrstudio BNE: XX4694501 Musicbrainz: 3faf8b04-7cb1-4690-b6bd-f984a2f7a00f Discogs: 1561796 Editar o valor en Wikidata

Martin Parr, nado en Epsom (Inglaterra) o 23 de maio de 1952 e finado o 7 de decembro de 2025 en Bristol, foi un fotógrafo británico, membro da axencia Magnum dende 1994. Recoñecido internacionalmente polo seu particular achegamento á fotografía de documentación social, a súa obra caracterízase polo sentido do humor e unha irónica mirada sobre o estilo de vida dos británicos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Epsom (Surrey), Parr quería converterse en fotógrafo profesional dende os catorce anos. A súa primeira influencia foi o seu avó, George Parr, un fotógrafo afeccionado e membro da Royal Photographic Society.[1]

Estudou fotografía na Escola Politecnica de Manchester entre 1970 e 1973 cos seus contemporáneos Daniel Meadows e Brian Griffin.

Magnum Photos

[editar | editar a fonte]

Martin Parr uniuse a Magnum Photos como membro asociado en 1988. A votación sobre a súa inclusión como membro de pleno dereito en 1994 estivo moi dividida, xa que Philip Jones Griffiths chamou a outros membros para que non fose admitido. Finalmente Parr alcanzou a maioría necesaria de dous terzos por un voto. A membresía de Magnum axudouno a traballar en fotografía editorial, e en fotografía de moda editorial para Paul Smith, Louis Vuitton, Galerie du jour Agnès B. e Madame Figaro.

En 2014, Parr foi elixido presidente de Magnum Photos International, cargo que mantivo durante tres anos e medio, ata 2017.[2]

Ensinanza

[editar | editar a fonte]

En 2004 foi nomeado profesor de fotografía na Universidade de Gales, en Newport, e en 2013 na Universidade do Ulster en Belfast. Anteriormente, foi profesor invitado no West Surrey College of Art & Design, hoxe en día coñecido como Universidade para as Artes Creativas.

  • 2005: Membro honorario da Royal Photographic Society
  • 2006: Mestría honoraria, University for the Creative Arts
  • 2006: Premio Dr. Erich Salomon
  • 2008: Medalla do centenario da Royal Photographic Society
  • 2008: Doutor en Artes, título honorario, Manchester Metropolitan University (MMU)
  • 2008: Premio á Traxectoria, PHotoEspaña[3]
  • 2008: Premio Internacional da Sociedad Fotográfica do Xapón
  • 2014: Logro excepcional en fotografía da revista Amateur Photographer
  • 2014: Premio Lucie de Fotografía Documental
  • 2016: Recoñecemento por unha contribución significativa no campo das artes visuais, Royal Academy of Arts
  • 2017: Premio á Contribución Sobresaínte á Fotografía, World Photography Organisation[4]
  1. "Martin Parr: How to put photography in the frame". Independent (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2018.
  2. "Annual General Meeting (AGM)". Magnum Photos (en inglés).
  3. "Lecture by Martin Parr". California College of the Arts (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2018.
  4. "2017 Sony World Photography Awards grand prize winners announced". Amateur Photographer (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]