close
Saltar ao contido

Oleg Blokhin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOleg Blokhin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1952 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Kíiv Editar o valor en Wikidata
Deputado de Ucraína
14 de maio de 2002 – 25 de maio de 2006
Lexislatura: 4th Verkhovna Rada (en) Traducir
Deputado de Ucraína
12 de maio de 1998 – 14 de maio de 2002
Lexislatura: 3rd Verkhovna Rada (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Membro de
Nacionalidade deportivaUnión Soviética
Ucraína Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1969–1988 FC Dynamo Kyiv 432(211)
1988–1989 SK Vorwärts Steyr 41(9)
1989–1990 Aris Limassol F.C. 22(5)
  Selección nacional Número de eventos xogados
1972–1988   Selección de fútbol da Unión Soviética 112(42)
  Adestrador Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Olympiakos FC Editar o valor en Wikidata
Participou en
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
1986Mundial de Fútbol México 1986
1982Mundial de Fútbol España 1982
1976Xogos Olímpicos de 1976
1972Xogos Olímpicos de 1972 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIrina Deriugina Editar o valor en Wikidata
FillosIreesha Editar o valor en Wikidata
PaisVladimir Blokhin Editar o valor en Wikidata  e Kateryna Adamenko Editar o valor en Wikidata
Premios

FIFA: 174409 UEFA: 5320 Editar o valor en Wikidata

Oleh Volodymyrovych Blokhin, nado o 5 de novembro de 1952 en Kíiv, Unión Soviética, hoxe Ucraína, é un adestrador de fútbol que anteriormente xogou de dianteiro na selección da Unión Soviética. Foi galardoado co Balón de Ouro en 1975.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dinamo Kíiv

[editar | editar a fonte]

Case toda a súa carreira transcorre no Dinamo Kíiv, excepto os derradeiros anos nos terreos de xogo, onde formou parte do Vorwärts Steyr austríaco e do Aris Limassol FC. É o máximo anotador da liga soviética de tódolos tempos con 211 goles, así coma o xogador con máis encontros disputados (432). A nivel de equipo, con el o Dinamo gañou a liga da URSS en oito ocasións e dúas Recopas, en 1975 e 1986.

Selección

[editar | editar a fonte]

Blokhin é o futbolista que máis encontros xogou coa camisola da Unión Soviética, cun total de 112, amais de se-lo máximo anotador con 42 goles. Participou nos mundiais de 1982 e 1986.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Despois do seu retiro, Blokhin adestrou varios clubs gregos entre eles o Olympiakos FC, PAOK e o Ionikos. En setembro do 2003 chega ao cargo de adestrador da selección ucraína. Baixo a súa batuta a escuadra chega ata os cuartos de final do Mundial de Fútbol Alemaña 2006, perdendo contra a Italia, que finalmente serían os campións do torneo.

No ano 2002 Ole Blokhin foi elixido para o Verkhovna Rada (Parlamento de Ucraína) por segunda vez. En outubro dese mesmo ano únese ao Partido Socialdemócrata de Ucraína. Nos últimos tempos o seu cargo na selección de fútbol concentra tódolos seus esforzos e non anda en ningunha actividade política.

Blokhin estivo casado con Irina Deriugina, a famosa ximnasta campioa do mundo en exercicios libres, mais a parella divorciouse en 1990. Teñen unha filla.

Xogador de Ouro

[editar | editar a fonte]

En novembro do 2003, para celebra-lo aniversario da UEFA, fíxose unha selección na que a federación de cada país tivo que escoller ó seu mellor xogador dos últimos 50 anos. Son os chamados Xogadores de Ouro da UEFA. Blokhin foi escollido pola Federación de Fútbol de Ucraína.[1]

Polémica racista en 2006

[editar | editar a fonte]

O 22 de febreiro de 2006 nunha entrevista (en ruso)na páxina de deportes ucraína sport.com.uaArquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine., Blokhin fixo as seguintes declaracións: "Cantos máis ucraínos xoguen na liga nacional, máis exemplos para os rapaces. Que aprendan de Shevchenko ou Blokhin e non dalgún Zumba-Bumba ó que baixaron dunha árbore, lle deron dous plátanos a agora xoga na liga ucraína. [...] Lembro cando eu xogaba ó fútbol; se perdiamos un encontro non era doado camiñar polas rúas de Kiev - Había moitos amigos aí fóra que podían darche unha boa malleira. Pero que sentido ten baterlle a un estranxeiro? De acordo, ti bates nel - o seguinte que fará será colle-las maletas e marchar."

Estes comentarios recibiron unha morea de críticas da prensa occidental.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]