close
Saltar ao contido

RoKi Naiset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rovaniemen Kiekko
Fundación1999
Cidade Rovaniemi,
Laponia
Finlandia Finlandia
EstadioLappi Areena
(3.500 espectadores)
LigaNaisten Suomi-sarja
DirectorFinlandia Reima Kuusisto
AdestradorFinlandia Janne Lappalainen
CoresAzul, amarelo e branco
                 

O Rovaniemen Kiekko Naiset, ou simplemente RoKi Naiset ou RoKi, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Rovaniemi (Finlandia). Dende 2020 compite na Auroraliiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Lappi Areena, un pavillón con capacidade para 3 500 persoas.

O equipo comezou a competir en 1999 partido da II-divisioona, a terceira categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, na que permaneceu ata 2012. Logo do ascenso á segunda categoría, a Naisten Mestis, na tempada 2012-13, o RoKi axiña se converteu nun equipo competitivo e exitoso, ata que na primavera de 2020 o equipo conseguiu o ascenso á máxima categoría, a Naisten Liiga. Ao final da tempada 2025-26 o equipo descendeu logo de caer nas series de promoción contra as Pelicans de Lahti en tres partidos (0-3). Logo do descenso o primeiro e o segundo equipo do RoKi, denominado RoKi Naiset Team, fusionáronse e decidiron comezar a reconstrución do equipo partindo da terceira categoría, a Naisten Suomi-sarja, a partir da tempada 2026-27.

O RoKi de Rovaniemi participou por primeira vez nunha competición oficial na tempada 1999-2000, cando xogou no grupo de Laponia na II-divisioona.[1]

Na súa segunda tempada, de novo na II-divisioona, o RoKi finalizou na cuarta e última posición do grupo de Laponia, rexistrando dous puntos en nove partidos grazas a unha única vitoria fronte a nove derrotas. O equipo de Rovaniemi foi ademais o equipo menos goleador con tan só 14 goles anotados, e foi con moito o equipo máis goleado con 79 goles encaixados,[a] para un rexistro de -65.[2]

O equipo non competiu na II-divisioona na tempada 2001-02.[3]

En 2012 o equipo comezou unha nova tempada no grupo oeste da Naisten Suomi-sarja, finalizando na segunda posición con sete vitorias e tres derrotas, malia a ser o equipo máis goleador e menos goleado cun rexistro de 71 goles marcados fronte a 35 encaixados. Desde xeito o equipo de Laponia clasificase para disputar o grupo de promoción á segunda categoría, a Naisten Mestis, xunto cos mellores equipos dos grupos Sur e Leste e os catro equipos peor clasificados da Naisten Mestis. O RoKi dominou a liga de promoción, na que tan só perdeu un partido e gañou 15, finalizando na primeira posición da clasificación e conseguiu o ascenso á segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Naisten Mestis.[4][5]

Os anos na Naisten Mestis

[editar | editar a fonte]

No ano do seu debut na segunda categoría, o RoKi finalizou a primeira fase da competición na segunda posición do grupo norte, cun rexisto de 4 vitorias, 6 empates e 2 derrotas, aínda cun balance negativo de goles (-2). Deste xeito o equipo de Rovaniemi clasificouse entre os seis mellores equipos da liga e disputou o grupo final, do cal sairían os catro equipos que pelexarían polo ascenso á máxima categoría. O RoKi dominou esta fase e só cedeu un empate e unha derrota, polo que finalizou á fronte da clasificación, gañándose así o dereito a loitar polo ascenso. Na liga de promoción o equipo finalizou na terceira posición por detrás do Team Oriflame e o KJT, ambos da Naisten SM-sarja, e que conseguiron manterse na máxima categoría.[6] Nesta primeira tempada do equipo na Naisten Mestis salientaron especialmente Oona Parviainen (19 goles e 25 asistencias para un total de 44 puntos), a máxima goleadora do equipo Sanni Kontiosalo (25 goles e 16 asistencias para un total de 41 puntos) e a máxima asistente Janina Jatkola (14  e 27 asistencias para un total de 41 puntos), na liga de promoción estas tres xogadoras seguiron a ser as máis destacadas: Parviainen (5+9, 14), Jatkola (5+8, 13) e Kontiosalo (6+4, 10).[7]

Na tempada 2014-15 o RoKi gañou o grupo 1 da Mestis, mais non puido conseguir o ascenso á máxima categoría ao finalizar na cuarta posición na serie final superior.[1] Con todo cinco anos despois, na tempada 2019-20, o equipo de Rovainemi conseguiu o obxectivo de xogar cos mellores equipos femininos de Finlandia logo de gañar o seu grupo na Mestis e finalizar por detrás do Lukko na liga de clasificación. Esa tempada salientaron a nivel individual Essi Jaako, Jenna Hietala e Oona Parviainen.[1]

Na máxima categoría (2020-2026)

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2021-22 Rovaniemen Kiekko ry anunciou que comezaría a apoiar ás xogadoras do RoKi seleccionadas para os campamentos do equipo nacional e torneos de avaliación con bolsas dende uns poucos centos ata mil euros. Tamén ofreceu ás súas xogadoras na selección nacional a posibilidade de adestrar e xogar co equipo masculino. O adestrador de RoKi Naiset Tuomas Liitola sinalou que a meta a longo prazo era reducir os custos de xogo das xogadoras de RoKi a cero.[8]

O RoKi fronte o Ilves durante o Winter Classic 2025 celebrado na pista de Koulukatu.

O 15 de febreiro de 2025 o RoKi disputou o Winter Classic 2025 fronte o Ilves na mítica pista de Koulukatu ante 120 persoas. Se ben as xogadoras do equipo de Rovaniemi comezaron adiantándose no marcador grazas a un gol de Magdalena Felcmanova a pase de Dominika Malicka, o Ilves acabou impoñéndose de xeito contundente (13-1).[9]

Equipo do RoKi en novembro de 2025, durante a súa derradeira tempada na Auroraliiga.

Logo dunha moi difícil tempada na que o equipo só foi quen de conseguir unha vitoria nos shootouts fronte o KalPa, o 21 de marzo de 2026 o RoKi consumou o seu descenso á segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Mestis. O equipo de Laponia sufriu unha contundente derrota no terceiro partido da serie de pomoción, disputada ao mellor de cinco encontros fronte as Pelicans, e na que o equipo de Lahti demostrou dende o primeiro momento que podía competir contra o equipo de Rovaniemi.[10][11]

Descenso e reconstrución

[editar | editar a fonte]

O 24 de abril de 2026, Rovaniemen Kiekko Ry anunciou a decisión de que o equipo feminino do club xogaría na terceira categoría, a Naisten Suomi-sarja e non na segunda, a Naisten Mestis. No mesmo comunicado informouse de que o RoKi Naiset e o seu segundo equipo, o RoKi Naiset Team se fusionarían. De acordo co director executivo de Rovaniemen Kiekko Ry, o proceso foi consensuado coas xogadoras, coas que o club se reunira a principios do mes de abril, acordando con elas que indicaran en que liga preferían competir. O obxectivo do club na Naisten Suomi-sarja será o de construír e desenvolver o equipo para conseguir un novo ascenso. No comunicado o club sinalou tamén que o adestrador do RoKi Naiset para a tempada 2026-27 sería Janne Lappalainen, que substituíu a Oona Parviainen.[12][13]

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Lappi-areena.
Exterior do Lappi-areena.

O RoKi Naiset xoga os seus partidos como local no Lappi-areena de Rovaniemi, pavillón que comparte co seu homónimo masculino, que compite na Mestis. A pista principal do pavillón ten capacidade para 3 500 persoas e unhas dimensións de 28x58 metros, así como nove palcos ou salas de reunións, un deles con sauna, e conta tamén con restaurantes e pubs. O complexo conta con dúas pistas máis de adestramento.[14][15][16][17][18]

A construción do pavillón finalizou a finais de 2003, mais non foi inaugurado ata o 5 de abril de 2004.[19] En 2014 foi renovado, e en 2016 constuíuse nas instalacións do Lappi-areena un ximnasio de CrossFit de 300 .[15][18]

Ademais de partidos de hóckey sobre xeo o complexo acolle tamén concertos e feiras de exposicións.

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Xogadoras

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 26 de febreiro de 2025.[20]

# Nac Xogador/a Posición S/G Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
1 Finlandia Saastamoinen, AnnikaAnnika Saastamoinen G E (19 anos) Kokkola, Finlandia
31 Finlandia Kankaanpää, IinaIina Kankaanpää G E (19 anos)
35 Finlandia Väyrynen, AlexandraAlexandra Väyrynen G (28 anos)
0 Finlandia Nikkinen, EmmaEmma Nikkinen D (17 anos)
5 Finlandia Heinonen, MariaMaria Heinonen D E (34 anos) Pyhäjärvi, Finlandia
6 Finlandia Tapani, Ida-MariIda-Mari Tapani D E (28 anos)
8 Finlandia Sankala, AleneAlene Sankala D E (20 anos)
18 Finlandia Venho, AnnaAnna Venho D (44 anos) Pello, Finlandia
25 Finlandia Nikka, MaisaMaisa Nikka D (22 anos)
26 Finlandia Kylmäniemi, AlinaAlina Kylmäniemi D D (16 anos) Posio, Finlandia
28 Finlandia Saloniemi, OliviaOlivia Saloniemi D (18 anos)
98 Eslovaquia Mateickova, AlexandraAlexandra Mateickova D E (19 anos) Bratislava, Eslovaquia
0 Finlandia Herranen, EmiliaEmilia Herranen F (17 anos)
7 Finlandia Sainio, LaraLara Sainio F (15 anos)
9 Finlandia Hietala, JennaJenna Hietala F E (22 anos) Oulainen, Finlandia
10 Finlandia Järvenpää, SusannaSusanna Järvenpää F E (29 anos)
11 Finlandia Säily, Sina-SafiraSina-Safira Säily F E (21 anos)
13 República Checa Kalová, AnnaAnna Kalová (A) F E (23 anos) Kadan, República Checa
14 Finlandia Mustonen, RiannaRianna Mustonen F (19 anos)
15 República Checa Felcmanova, MagdalenaMagdalena Felcmanova F E (19 anos)
16 Finlandia Uusimäki, SaphiraSaphira Uusimäki F (18 anos)
17 República Checa Malicka, DominikaDominika Malicka F E (21 anos) Třinec, República Checa
19 Finlandia Hihnala, ViiviViivi Hihnala F E (19 anos)
24 Finlandia Lepola, JeminaJemina Lepola F E (20 anos)
29 Finlandia Keskisarja, MoonaMoona Keskisarja (A) F E (22 anos) Nivala, Finlandia
49 Finlandia Pohjola, Joanna-PatriciaJoanna-Patricia Pohjola D D (18 anos) Kittilä, Finlandia
68 Finlandia Pohjamo, IinaIina Pohjamo F E (21 anos)
68 Finlandia Zaborska, LuciaLucia Zaborska F D (27 anos) Martin, Eslovaquia
88 Finlandia Iso-Kouvola, ViiviViivi Iso-Kouvola (C) F E (27 anos)

Capitás do equipo

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia RoKi Naiset tivo catro capitás, todas elas de nacionalidade finlandesa. A primeira capitá do equipo foi Arja Oja, quen exerceu o liderado na pista durante as tempadas 2014-15 e 2015-16, mentres que Janina Jatkola é a xogadora que máis tempadas exerceu como capitá cun total de tres entre a 2016-17 e a 2018-19. A continuación amósanse todas as capitás do equipo:[21]

Capitás do RoKi
Nome(s) Período
Arja Oja2014 a 2016
Janina Jatkola2016 a 2019
Ella Lahtela2019-20
Jenna Pirttijärvi2020-21
Emmi Mourujärvi2021-22
Eveliina Ollila2022 a 2024
Viivi Iso-Kouvola2024-25
Moona Keskisarja2025-26

Líderes históricas

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia dúas xogadoras do RoKi Naiset superaron a barreira dos 200 puntos, e tan só unha, Sanni Kontiosalo, superou os 400 puntos. Nas estatísticas de xogo salienta especialmente a figuras de Sanni Kontiosalo, que lidera as estatísticas de goles (205), asistencias (218) e puntos (423). Kontiola rexistrou case cen goles máis que Janina Jatkola, segunda máxima goleadora histórica do equipo. Pola súa banda Eveliina Ollila é a xogadora que máis partidos vestiu a camisola do RoKi con 269 partidos. A continuación os rexistros das seis máximas puntuadoras históricas do equipo:[22]

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.

Líderes históricas do RoKi
Xogadora Pos  PX  G   A  Pts
Sanni KontiosaloF258205218423
Janina JatkolaF198106161267
Oona ParviainenF11582148230
Ella LahtelaF2169598193
Elisa PekkalaF17972103175
Eveliina OllilaF269164359

Adestradoras e adestradores

[editar | editar a fonte]

Logo do final da temmpada 2025-26 o club anunciou a incorporación de Janne Lappalainen como adestrador xefe do equipo na súa nova etapa na Naisten Suomi-sarja en substitución de Oona Parviainen, que deixou o equipo para continuar a súa carreira no equipo feminio sub-18 do Pilot Mound Academy canadense logo do seu descenso dende a Auroraliiga.[23][12] A principios de xuño de 2023 anunciouse que Teemu Koivula pasaría a ser o adestrador xefe do equipo para a tempada 2023-24 en substitución de Tuomas Liitola, que deixou o equipo a mediados do mes de maio para adestrar na segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino sueco.[24] En 2024 Koivula deixou o equipo para unirse ás Kärpät, sendo substituído por Oona Parviainen.[25] A continuación as adestradoras e adestradores do RoKi dende 2014:[26][27]

Adestadoras e adestadores do RoKi
Nome(s) Período
Kari Hartikainen2014-15
Sofia Pohjanen2016 a 2018
Tuomas Liitola2018 a 2023
Teemu Koivula2023-24
Oona Parviainen2024 a 2026
Janne Lappalainen2026-
  1. O segundo equipo máis goleado foi o TIHC de Tornio con 53 goles encaixados.[2]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 "RoKi" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2023. Consultado o 9 de xuño de 2023.
  2. 1 2 "Championnat féminin de Finlande 2000/01" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 4 de maio de 2026.
  3. "II-divisioona (W) Standings 2001-02º" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 6 de maio de 2026.
  4. "Historiallinen syksy Rovaniemen lätkäfaneille: kausi alkaa liigajääkiekolla ensimmäistä kertaa ikinä". Yle.fi (en finés). 18 de agosto de 2020. Consultado o 26 de setembro de 2020.
  5. "Championnat féminin de Finlande 2012/13" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 5 de maio de 2026.
  6. "Championnat féminin de Finlande 2013/14" (en francés). hockeyarchives.info.
  7. "2013-2014 ROKI PLAYER STATS" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 6 de maio de 2026.
  8. Kuivas, Eeva (9 de xuño de 2021). "Rovaniemen Kiekko alkaa tukea rahallisesti arvokisoihin ja maajoukkueleireille valittuja naiskiekkoilijoitaan". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 9 de outubro de 2023.
  9. Seppä, Lassi (15 de febreiro de 2025 dataacceso=18 de febreiro de 2025). "MURSKAJAISET ULKOJÄILLÄ − ILVEKSEN JULIA KUUSISTO ILOITSI MAALEISTA, ROKIN VIIVI ISO-KOUVOLA KIITTI SINNIKÄSTÄ YLEISÖÄ". Jatkoaika.com (en finés).
  10. Seppä, Lassi (21 de marzo de 2026). "Pelicans nousee Auroraliigaan − lahtelaiset kaatoivat RoKin suoraan kolmessa karsintaottelussa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 28 de abril de 2026.
  11. Arkko, Simo (21 de marzo de 2026). "Pelicans nousee Auroraliigaan – näin Lahdessa tuuletettiin nousua". Yle.fi (en finés). Consultado o 28 de abril de 2026.
  12. 1 2 "RoKi Naiset ilmoittautuu kaudella 2026-2027 Naisten Suomi-sarjaan" (en finés). rovaniemenkiekko.fi. 24 de abril de 2026. Consultado o 28 de abril de 2026.
  13. Seppä, Lassi (25 de abril de 2026). "Auroraliigasta pudonnut RoKi pelaa ensi kaudella naisten Suomi-sarjaa". Jatkoaika (en finés). Consultado o 28 de abril de 20026.
  14. "Lappi Areena - monitoimihalli" (en finés). santasport.fi. Consultado o 3 de maio de 2026.
  15. 1 2 "LAPPI AREENAN TILAT" (en finés). lappiareena.fi. Consultado o 6 de maio de 2026.
  16. "AITIOT / KOKOUSTILAT" (en finés). lappiareena.fi. Consultado o 6 de maio de 2026.
  17. "RAVINTOLAT & PUBIT" (en finés). lappiareena.fi. Consultado o 6 de maio de 2026.
  18. 1 2 "Lappi Areena" (en inglés). Ice Stadium Portal. Consultado o 6 de maio de 2026.
  19. "Lappi Areena vihittiin Rovaniemellä". Yle Uutiset (en finés). 5 de abril de 2003. Consultado o 6 de maio de 2026.
  20. "KOKOONPANO RoKi" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 26 de febreiro de 2025.
  21. "RoKi - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de setembro de 2020.
  22. "RoKi - All Time Overall Totals Player Stats" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 3 de maio de 2026.
  23. "FEMALE U18 PREP COACHING STAFF" (en inglés). pilotmoundhockeyacademy.com. Consultado o 2 de maio de 2026.
  24. Seppä, Lassi (3 de xuño de 2023). "Teemu Koivula on RoKin naisten uusi päävalmentaja". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 5 de xuño de 2023.
  25. Seppä, Lassi (27 de marzo de 2024). "Teemu Koivula astuu Kärppien naisten päävalmentajan saappaisiin". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 2 de maio de 2026.
  26. "RoKi - Team Staff History" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 2 de maio de 2026.
  27. "Valmentaja uutisia kaudelle 2024-2025" (en finés). RovaniemenKiekko.fi. 11 de marzo de 2024. Consultado o 2 de maio de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]