Shapur I
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século III Firuzabad |
| Morte | 272 Bishapur |
| Rei do Imperio Sasánida | |
| 12 de abril de 240 – maio de 270 ← Ardashir I – Hormisda I da Pérsia (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Zoroastrismo |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Outro | |
| Título | Rei |
| Familia | Sassânidas (pt) |
| Cónxuxe | unnamed daughter of Mihrak Domitica Nadira Cornanzem Azadokht Shahbanu |
| Fillos | Sapor de Mesena ( Saburductaces do Sacastão ( Hormisda I da Pérsia ( Aduranaíde ( Bahram I da Pérsia ( Mirian III da Ibéria ( Narseh da Pérsia ( |
| Pais | Ardashir I |
| Irmáns | Perozes Ardashir |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |

| Emperador | Ano |
|---|---|
| Ardashir I | 224 a 241 |
| Shapur I | 241 a 272 |
| Hormizd I | 272 a 273 |
| Bahram I | 273 a 276 |
| Bahram II | 276 a 293 |
| Bahram III | 293 |
| Narseh | 293 a 302 |
| Hormizd II | 302 a 310 |
| Shapur II | 310 a 379 |
| Ardashir II | 379 a 383 |
| Shapur III | 383 a 388 |
| Bahram IV | 388 a 399 |
| Yazdegerd I | 399 a 420 |
| Bahram V | 420 a 438 |
| Yazdegerd II | 438 a 457 |
| Hormizd III | 457 a 459 |
| Peroz I | 457 a 484 |
| Balash | 484 a 488 |
| Kavadh I | 488 a 531 |
| Zamasp | 496 a 498 |
| Cosroes I | 531 a 579 |
| Hormizd IV | 579 a 590 |
| Bahram Chobin | 590 a 591 |
| Cosrroes II | 591 a 628 |
| Kavadh II | 628 |
| Ardashir III | 628 a 630 |
| Shahrbaraz | 630 |
| Purandokht (emperatriz) | 630 a 631 |
| Azarmidokht (emperatriz) | 631- |
| Hormizd VI | 631 a 632 |
| Iazdeguerd III | 632 a 651 |
Shapur I, fillo de Ardashir I (226 – 241), foi rei de Persia do 241 ó 272.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Proclamado rei, Shapur retomou inmediatamente a loita con Roma. Foi derrotado polas tropas do emperador Gordiano III, un dos varios soberanos e candidatos a soberano que se disputaban o poder no longo período revolto que seguiu á morte de Alexandre Severo. Mais a comezos do ano 244, os persas comezaron o seu contraataque e nas súas crónicas mencionan unha gran vitoria en Misiche, preto da actual Faluya (Iraq), no transcurso da cal afirman que mataron a Gordiano III.[1]
Conquistou Armenia (expulsando a Tirídates II), invadiu Siria e saqueou Antioquía. O emperador Valeriano decidiuse a marchar contra el, pero foi feito prisioneiro cando intentaba negociar con el (260). Shapur entrou en Asia Menor, pero foi rexeitado por Ballista. Entón entrou en liza Septimio Odenato, príncipe de Palmira, que derrotou ó exército persa, reconquistou Carrhae e Nisibis, chegando mesmo a capturar o harén real.
Shapur non puido recuperarse e perdeu Armenia de novo. Pero segundo a tradición persa e árabe, que parece baseada en feitos reais, conseguiu recuperar a fortaleza de Hatra, no deserto de Mesopotamia, e sobre todo, alcanzou a gloria de ter como refén ó emperador de Roma, feito que non ocorrera nunca ata entón.
No val de Istakhr (preto de Persépole), baixo as tumbas dos aqueménidas en Naqsh-e Rostam, Shapur aparece representado dacabalo, coa armadura real e a coroa, con Valeriano de xeonllos suplicando a súa compaixón. A mesma escena pódese ver nas ruínas das cidades de Darabjird e Sapor, no actual Irán.
Shapur construíu a gran cidade de Gundev-Sapor, preto da capital aqueménida, Susa, incrementando a fertilidade desta rexión con canles desde o río Karun e muros que construíron escravos romanos que aínda na actualidade se coñecen como a mole do césar.
Baixo o seu reinado o profeta Mani, fundador do maniqueísmo, empezou a predicar en Persia, e pénsase que o mesmo Shapur era favorable ás súas ideas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Res Gestae Divi Saporis, 3–4 (tradución da inscrición de Shapur en Naqsh-e Rostam)