close
Saltar ao contido

Stellaris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Stellaris
 Título
   Stellaris (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
Características
 Formato de distribución
 Modo de xogo
 Motor gráfico
 Dispositivo de entrada
Implicados
 Deseñador/a
 Desenvolvedor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
9 de maio de 2016 Editar o valor en Wikidata
 Anuncio
6 de agosto de 2015 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Versións
2.1.3 versión estábel (6 de setembro de 2018)
2.8.1 versión beta (13 de novembro de 2020)
2.1.4 versión beta (1 de outubro de 2018)
3.9.2 (26 de setembro de 2023)
4.4.5 (7 de xullo de 2026)
3.9.1 (12 de setembro de 2023)
3.9.3 (17 de outubro de 2023)
3.10.0 (16 de novembro de 2023)
3.10.1 (23 de novembro de 2023)
3.11.1 (27 de febreiro de 2024)
3.12.5 (18 de xuño de 2024)
3.8.4 (15 de xuño de 2023)
3.11.3 (11 de abril de 2024)
3.11.2 (12 de marzo de 2024)
3.8.2 (11 de maio de 2023)
3.7.3
3.13 (10 de setembro de 2024)
2.2.4 (7 de febreiro de 2019)
2.6.2 (24 de marzo de 2020)
2.1.2
1.9.1
3.7.4 (30 de marzo de 2023)
2.6.3 (15 de abril de 2020)
2.7.2 (26 de maio de 2020)
2.7.1 (12 de maio de 2020)
3.6.1 (6 de decembro de 2022)
2.8.0
3.14.1592653 (2 de abril de 2025) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Unidades vendidas
   4.000.000 (2021) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
78% OpenCritic (16 de xuño de 2026)
81/100 OpenCritic, Kritikanstvo (23 de febreiro de 2018)
8/10 Gameblog.fr (18 de maio de 2016)
78/100 CriticDB Editar o valor en Wikidata
Clasificación
USK
IMDB: tt6129780 Twitter: StellarisGame Youtube: UCkyT-rE8pcoSPWDhVfOUhgA Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Stellaris é un videoxogo de estratexia 4X desenvolvido por Paradox Development Studio. A mecánica do xogo baséase na exploración espacial, o manexo dun imperio espacial e a diplomacia e guerra con outras civilizacións espaciais. Foi publicado o 9 de maio do 2016 en todo o mundo para as plataformas Microsoft Windows, macOS e Linux[1], no 26 de febreiro de 2019 para PlayStation 4 e Xbox One, e no 25 de marzo de 2021 para Xbox Series X e Series S.[2]

Mecánica de xogo

[editar | editar a fonte]

Os xogadores controlan planetas, naves de guerra e de investigación entre outros elementos. Tamén dispoñen de opcións diplomáticas como alianzas e tratados de comercio para tratar con outras civilizacións. Inicialmente o xogador escolle unha especie, a súa ética moral e as tecnoloxías inicias das que dispón.[3] O xogador comeza cun só planeta no seu territorio, unha nave de construción, unha pequena frota de naves de guerra, un porto espacial e unha nave de investigación. O comezo do xogo céntrase na exploración e colonización do espazo próximo, mentres que segundo o xogo avanza as actividades pasan a centrarse na diplomacia e no goberno do imperio.[4] Na parte final do xogo, diversos eventos de crise poden dar lugar a implicacións globais para o xogador e as outras civilizacións controladas pola IA.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Paradox Development Studios foi o desenvolvedor do xogo, mentres que a distribuidora foi a súa empresa nai Paradox Interactive.[5] Emprega o motor de xogo Clausewitz Engine, unha evolución do mesmo motor empregado noutros títulos do estudio dende a publicación de Europa Universalis III no 2007.[3] O xogo anunciouse de forma oficial na convención Gamescom en agosto do 2015.[6]

Recepción

[editar | editar a fonte]
Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
Metacritic78/100PC: 78/100[7]
PS4: 77/100[8]
XONE: 81/100[9]

Nunha avaliación preliminar do xogo por parte de Rock Paper Shotgun, Adam Smith escribiu que Stellaris "podería ser o mellor momento de Paradox, e un fito no desenvolvemento do deseño do 4X e da gran estratexia".[4] Recibiu críticas xeralmente favorables, acadando unha puntuación de 78 en Metacritic.[7] Tralo seu primeiro día no mercado, Paradox Interactive confirmou que se venderan máis de 200 000 copias do xogo, converténdose no seu videoxogo con máis ingresos reportados nun período semellante, así como no videoxogo da compañía que conseguiu un maior ritmo de vendas trala súa publicación.[10]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
  1. Games Ring. "Stellaris Confirmed Release Date: May 9th, 2016.". Games Ring. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 09 de maio de 2016.
  2. "Stellaris: Console Edition | XBOX SERIES X TECH DEMO". Consultado o 25 de marzo de 2021.
  3. 1 2 Savage, Phil. "Stellaris: how Paradox plan to make an infinite grand strategy". PC Gamer. Consultado o 8 de abril de 2016.
  4. 1 2 Smith, Adam (6 de agosto de 2015). "Paradox’s Space Strategy Game Stellaris Has Won Gamescom". Rock Paper Shotgun. Consultado o 8 de abril de 2016.
  5. "Paradox Development Studio". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2014. Consultado o 16 de agosto de 2012.
  6. Potter, Matt (10 de agosto de 2015). "Gamescom 2015: Paradox Interactive Announces Stellaris". IGN. Consultado o 27 de agosto de 2015.
  7. 1 2 "Stellaris". Metacritic. Consultado o 11 de decembro de 2018.
  8. "Stellaris: Console Edition for PlayStation 4 Reviews". p. Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2020.
  9. "Stellaris: Console Edition for Xbox One Reviews". p. Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2020. Consultado o 18 de marzo de 2020.
  10. Bratt, Chris (10 de maio de 2016). "Stellaris breaks Paradox's record for day one revenue". Eurogamer. Consultado o 10 de maio de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]