Xiong Shili
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de febreiro de 1885 Distrito de Huangzhou |
| Morte | 23 de maio de 1968 Shanghai |
| Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Confucianismo |
| Actividade | |
| Ocupación | filósofo |
| Empregador | Universidade de Beijing |
| Obra | |
Obras destacables | |
Xiong Shili (en chinés tradicional e simplificado: 熊十力; en pinyin: Xióng Shílì), nado en Huanggang (provincia de Hubei) o 18 de febreiro de 1885 e finado en Shanghai o 23 de maio de 1968, foi un filósofo e erudito chinés. Faleceu a causa dunha folga de fame contra a Revolución Cultural.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xiong Shili naceu en Huanggang, na provincia de Hubei, nunha familia de campesiños pobres, polo que dende pequeno se dedicou ao coidado das vacas. Entre os 13 e os 14 anos, ambos os seus pais enfermaron e morreron. Algún tempo despois, estudou durante seis meses na escola privada dun amigo do seu pai, He Chengmu. Entre os 16 e os 17, marchou do rural para continuar a súa aprendizaxe. Baixo a influencia da facción reformista, afondou nas obras de Mencio, Wang Fuzhi e Gu Yanwu, polo que abrollou del o desexo de sumarse á revolución contra os Qing.[1]
Pasou un tempo en Beijing. Porén, o 29 de outubro de 1954, acompañado polos seus discípulos Liu Gongchun e Zhou Pengchu, abandonou a capital para trasladarse a Shanghai, onde permaneceu o resto da súa vida. Antes da viaxe, Dong Biwu, Wu Yuzhang e outros amigos invitárono a unha cea de despedida.[2]
Tras o comezo da Revolución Cultural, en 1966, entraron na súa casa e confiscáronlle as súas posesións, sendo sometido á crítica pública. Indignado pola actuación da Garda Vermella (China), escribiu unha carta de protesta ás autoridades centrais. Naquel momento, considerou que a cultura chinesa estaba en decadencia.[3]
En 1968, empezou unha folga de fame. Non deixou de escribir, mais destruía e volvía a redactar constantemente os seus textos. Entre a primavera e o verán dese mesmo ano, enfermou de pulmonía, negándose a tomar calquera menciña. Tivo que ser ingresado nun hospital polas altas febres. Finalmente, faleceu por unha insuficiencia cardíaca o 23 de maio, aos 84 anos.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Xin weishi lun ("Un novo tratado sobre a só-conciencia")
- Popo xin weishi lun ("Refutación da refutación so novo tratado sobre a só-conciencia")
- Yuanru ("As orixes do confucianismo")
- Ti yong lun ("Tratado sobre a substancia e a función")
- Shili yu yao ("Ditos esencias de Shili")
- Dujing shi yao ("Fundamentos para a lectura dos clásicos")
- Fojia ming xiangtong shi ("Unha explicación comprehensiva dos termos budistas")
- Qiankun yan ("O desenvolvemento do universo")
- Tangshi foxue jiupai fandui Xuanzang zhi anchao ("A oposición clandestina budista a Xuanzang durante a dinastía Tang")
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- FRChina (2008). "熊十力 [Xiong Shili]". www.frchina.net (en chinés). Arquivado dende o orixinal o 16/07/2012.
- Shuku (2016). "沤灭全归海落日下崦嵫". www.shuku.net (en chinés). Arquivado dende o orixinal o 01/11/2016.
- Wenzhaibao (2009). "一代狂哲熊十力". www.gmw.cn (en chinés).