Zwolle é unha cidade neerlandesa de 105.801 habitantes, capital da provincia de Overijssel, sita na orilla dereita do río Ijssel, no punto de cruzamento de numerosas canles, por medio das cales está unida ao Zuiderzee e á rexión industrial de Twente. É un importante mercado de gando, de manteiga e de ovos, ademais dun centro industrial.
A cidade aparece citada por vez primeira sobre o ano 1040. Foi membro da Liga hanseática e durante o medievo foi un saliente centro cultural.Arredor do ano 1580 inclinouse polo luteranismo. Alcanzou o esplendor no século XVII.